bos días,

Darktable é un aplicativo para xestionar e editar fotografías
http://www.darktable.org/
é un proxecto de código aberto que nas versións recentes non está traducido ao galego e os ficheiros traducidos son do 2010 (mirando a súa páxina en github)

É unha desfeita pois non coinciden moitas das cadeas co orixinal, así que é case como comezar de cero.

En  https://localise.biz/xosem/darktable/ subín o .po por
se alguén ten conta en localise.biz e quere botar unha ollada (e unha man :P ), dicídemo aquí ou directamente en correo.x...@gmail.com *para engadir a vosa conta* ao grupo do proxecto e facelo en conxunto.

por suposto, se alguén ten traballo adiantado con este asunto que mo diga e axudarei no que poida.

hai certas "metáforas" da era analóxica que non están implementadas, tamén vocabulario propio da fotografía, así como fallan certos consensos aos que se chegou máis tarde sobre termos xeráis

eu son aficionado /entusiasta/, non un experto en estos temas de fotografía e hai certas cousas que me superan.

gracias e saúdos
--
xmgz.wordpress.com <http://www.twitter.com/xmgz%3E@xmgz%3C/a%3E%3Cbr%3E%0ABlog:%3Ca%20href=> **************** Non imprimas este correo se non é preciso.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a