[OT] O insoportable peso das mentiras da política lingüística

2011-05-24 Conversa Miguel Bouzada
http://cartaxeometrica.blogspot.com/2011/05/o-insoportable-peso-das-mentiras-da.html

-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [OT] O insoportable peso das mentiras da política lingüística

2011-05-24 Conversa Manuel Vázquez
Excelente artigo.
Grazas, Bouzada.

2011/5/24 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 http://cartaxeometrica.blogspot.com/2011/05/o-insoportable-peso-das-mentiras-da.html

 --
  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
 _\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


IV Curso de verán Traballando en Lingua: novas tecnoloxías e dinamización lingüística

2008-07-14 Conversa damufo

Hoxe sae a nova en mancomun.
Hai unha ligazón a:
http://www.ctnl.org/web/cursos.php?cur=1curidc=13pag=0
Aquí seguemos a aparecer como empresa. Tan difícil é anovar isto na web?
Saúdos

Sorte Miguel!!


Re: IV Curso de verán Traballando en Lingua: novas tecnoloxías e dinamización lingüística

2008-07-14 Conversa Miguel Branco
On Monday 14 July 2008 11:57:50 damufo wrote:
 Hoxe sae a nova en mancomun.
 Hai unha ligazón a:
 http://www.ctnl.org/web/cursos.php?cur=1curidc=13pag=0
 Aquí seguemos a aparecer como empresa. Tan difícil é anovar isto na web?

xaa, os da oficina de Normalización fixeron a corrección en canto os avisei, 
logo outros replican o erro. Éche así. 

 Sorte Miguel!!

hehe, grazas! Eu inda me queixo de que namais me danb 30 min... eu falaba toda 
a tarde ;)



Re: lingüística...

2008-06-18 Conversa Adrián Chaves
A min non me deixa instalalo. Dime textualmente: Galician (Galiza)
Language Pack 3.0pre could not be installed because it is not compatible
with Firefox 3.0b5.

É por usar a beta5? Porque  é a que Ubuntu Hardy Heron trae por defecto.


O Dom, 15-06-2008 ás 01:38 +0200, Xabier Villar escribiu:
 Se vas a esta direción:
 
 http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2008-June/000350.html
 
 telo como adxunto ó final da mensaxe. Iso sí, terás que cambiarlle a
 extensión a .xpi e arrastralo sobre o firefox/iceweasel


Re: lingüística...

2008-06-15 Conversa Xabier Villar
Se vas a esta direción:

http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2008-June/000350.html

telo como adxunto ó final da mensaxe. Iso sí, terás que cambiarlle a
extensión a .xpi e arrastralo sobre o firefox/iceweasel

El 14/06/08, Miguel Solla brado...@gmail.com escribió:
 Escribo porque en diversos fíos de diferentes listas dá a sensación de que
 se fan alusións para que se manifesten filólogos, lingüistas...
 Eu son filólogo e descoñezo se hai máis nestas listas, por iso é que vou
 escribir unhas liñas que, en realidade, non queren dicir nada.
 Unha vez máis debo recoñecer que levo moi pouco tempo na lista (na de
 Trasno) e debo dicir que cada vez me sorprende máis a calidade lingüística
 dos comentarios. En serio.
 As solucións son o imperio do sentido común e hai mensaxes nos fíos de
 auténtico chapó (respecto ao de lingüeta lembro algunha, se queredes
 búscoa, que diferenciaba cando se refería ao cadro para separala e cando se
 refería á paxina enteira).
 Entendo perfectamente as mensaxes de Marce, a necesidade de respostas e
 solucións (e ademais rápidas, urxentes) para cuestións de lingua que van un
 pouco alén do voluntarismo: cando xurdiu o termo *touchpad *na lista,
 crédeme que por interese busquei un pouco termos coma* pad, keypad, joypad*
 ...* pavé tactile...*, non lle puiden dedicar máis tempo e non escribín unha
 liña sequera porque non é tan fácil decidir. Poño un exemplo (
 http://www.confluencias.net/n3/dias.pdf), noutro ámbito, deste dificultade.
 Penso que calquera proposta é benvida e se non é acaída pois haberá que
 revisala.  [Se cadra vou abusar un pouco do meu descoñecemento de anteriores
 debates na lista, pero...] non vexo a necesidade de que prime sempre unha
 solución sobre outras posibles, porque a convivencia de dous termos pode
 enriquecer, especializar... E se un termo se asume como recomendado, pos
 iso, é unha recomendación. E se hai que debatelo, melloralo, revisalo...
 haberá que esperar a dispor da tradución. Neste sentido, entendo que hai que
 oír sempre @s produt@res da tradución. A tradución xa é sempre un
 posicionamento terminolóxico e niso quen xa traduciu xa andou máis ca
 ninguén (a primeira vez que instalei unha distribución, xa me decatei). O
 que me parece un pouco innecesario é querer confundir este tipo de solucións
 posibles con solucións imposibles. Hai exemplos polas listas que queren
 referirse á terminoloxía coma un non se sabe que opción entre acerca de /
 sobre de. Un debate acerca de localización / un debate sobre *de
 localización / un debate sobre localización. A locución prepositiva acerca
 de é semanticamente idéntica á preposición sobre (que non de sobre de, que é
 unha aberración) e usar unha outra parece simplemente unha cuestión de
 estilo, pero tratar de que sucumba calquera tratamento lingüístico porque
 nos veñan enriba os que queren prescribir sobre de resulta un tanto... non
 sei. Un secuencia cun sobre de vai producir un estrañamento en quen o lea
 que pode derivar na liña de que non lle satisfaga a tradución, de que a
 localización non se entende..., que serían nefastos.
 Este tipo de estrañamentos xunto con outros ortográficos, morfosintácticos,
 de rexistro, de interferencias lingüísticas... pouco debate requiren e si de
 máis criterio lingüístico, guía de estilo...
 E, na miña opinión, son os que precisarían dunha intervención máis urxente.
 Creo que cada elemento alleo a estrutura da lingua que se mellore, vai
 reforzar o orgullo do traballo voluntario e orgullo lingüístico
 d@destinatari@final.
 Aproveito para pedirvos se sabedes doutro sitio de descarga do paquete do
 firefox porque no enlace que hai polas listas eu non o atopo.
 Prometérame a min mesmo non escribir na lista ata que acabase a tradución da
 terminoloxía Pootle coa que me comprometín (e aínda non comecei, dádeme uns
 días), pero un pouco por alusións...



-- 

Xabier Villar


Re: lingüística...

2008-06-15 Conversa Miguel Solla
Grazas Xabier, xa teño firefox en galego.

El día 15 de junio de 2008 1:38, Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com
escribió:

 Se vas a esta direción:

 http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2008-June/000350.html

 telo como adxunto ó final da mensaxe. Iso sí, terás que cambiarlle a
 extensión a .xpi e arrastralo sobre o firefox/iceweasel

 El 14/06/08, Miguel Solla brado...@gmail.com escribió:
  Escribo porque en diversos fíos de diferentes listas dá a sensación de
 que
  se fan alusións para que se manifesten filólogos, lingüistas...
  Eu son filólogo e descoñezo se hai máis nestas listas, por iso é que vou
  escribir unhas liñas que, en realidade, non queren dicir nada.
  Unha vez máis debo recoñecer que levo moi pouco tempo na lista (na de
  Trasno) e debo dicir que cada vez me sorprende máis a calidade
 lingüística
  dos comentarios. En serio.
  As solucións son o imperio do sentido común e hai mensaxes nos fíos de
  auténtico chapó (respecto ao de lingüeta lembro algunha, se queredes
  búscoa, que diferenciaba cando se refería ao cadro para separala e cando
 se
  refería á paxina enteira).
  Entendo perfectamente as mensaxes de Marce, a necesidade de respostas e
  solucións (e ademais rápidas, urxentes) para cuestións de lingua que van
 un
  pouco alén do voluntarismo: cando xurdiu o termo *touchpad *na lista,
  crédeme que por interese busquei un pouco termos coma* pad, keypad,
 joypad*
  ...* pavé tactile...*, non lle puiden dedicar máis tempo e non escribín
 unha
  liña sequera porque non é tan fácil decidir. Poño un exemplo (
  http://www.confluencias.net/n3/dias.pdf), noutro ámbito, deste
 dificultade.
  Penso que calquera proposta é benvida e se non é acaída pois haberá que
  revisala.  [Se cadra vou abusar un pouco do meu descoñecemento de
 anteriores
  debates na lista, pero...] non vexo a necesidade de que prime sempre unha
  solución sobre outras posibles, porque a convivencia de dous termos pode
  enriquecer, especializar... E se un termo se asume como recomendado, pos
  iso, é unha recomendación. E se hai que debatelo, melloralo, revisalo...
  haberá que esperar a dispor da tradución. Neste sentido, entendo que hai
 que
  oír sempre @s produt@res da tradución. A tradución xa é sempre un
  posicionamento terminolóxico e niso quen xa traduciu xa andou máis ca
  ninguén (a primeira vez que instalei unha distribución, xa me decatei). O
  que me parece un pouco innecesario é querer confundir este tipo de
 solucións
  posibles con solucións imposibles. Hai exemplos polas listas que queren
  referirse á terminoloxía coma un non se sabe que opción entre acerca de /
  sobre de. Un debate acerca de localización / un debate sobre *de
  localización / un debate sobre localización. A locución prepositiva
 acerca
  de é semanticamente idéntica á preposición sobre (que non de sobre de,
 que é
  unha aberración) e usar unha outra parece simplemente unha cuestión de
  estilo, pero tratar de que sucumba calquera tratamento lingüístico porque
  nos veñan enriba os que queren prescribir sobre de resulta un tanto...
 non
  sei. Un secuencia cun sobre de vai producir un estrañamento en quen o lea
  que pode derivar na liña de que non lle satisfaga a tradución, de que a
  localización non se entende..., que serían nefastos.
  Este tipo de estrañamentos xunto con outros ortográficos,
 morfosintácticos,
  de rexistro, de interferencias lingüísticas... pouco debate requiren e si
 de
  máis criterio lingüístico, guía de estilo...
  E, na miña opinión, son os que precisarían dunha intervención máis
 urxente.
  Creo que cada elemento alleo a estrutura da lingua que se mellore, vai
  reforzar o orgullo do traballo voluntario e orgullo lingüístico
  d@destinatari@final.
  Aproveito para pedirvos se sabedes doutro sitio de descarga do paquete do
  firefox porque no enlace que hai polas listas eu non o atopo.
  Prometérame a min mesmo non escribir na lista ata que acabase a tradución
 da
  terminoloxía Pootle coa que me comprometín (e aínda non comecei, dádeme
 uns
  días), pero un pouco por alusións...
 


 --

 Xabier Villar



Participación nos X Encontros de Normalización Lingüística

2006-10-09 Conversa Xoán Fernández

Estimados amigos:

Mancomun.org, Iniciativa Galega Polo Software Libre, foi convidado a
participar cun stand  propio nos X Encontros de Normalización
Lingüística que terán lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de
Compostela os días 26 e 27 deste mes. O obxectivo é dar a coñecer a gran
utilidade do Software Libre como ferramenta para a normalización
lingüística no eido das novas tecnoloxías. O encontro resulta
especialmente interesante xa que moitos dos visitantes serán técnicos de
normalización lingüística, mestres, tradutores e persoas, en xeral,
interesadas na promoción e difusión da lingua galega.

Dadas as características do noso proxecto cremos imprescindible que onda
nós estean os grupos de usuarios de Linux e, por suposto, iniciativas
como a vosa enfocadas cara a localización de software e a tradución. Por
iso gustaríanos saber se estaríades interesados en acompañarnos no stand
e así poder difundir as vosas actividades.

Este correo é simplemente para saber se vos interesa e a vosa
dispoñibilidade. Podedes indicarnos tamén se ides precisar dalgún
material específico ou se tedes algunha idea para o stand.

Un saúdo.


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Participación nos X Encontros de Normalización Lingüística

2006-10-09 Conversa mvillarino
O Luns, 9 de Outubro de 2006 12:40, Xoán Fernández escribiu:
 Mancomun.org, Iniciativa Galega Polo Software Libre, foi convidado a
 participar cun stand  propio nos X Encontros de Normalización
 Lingüística que terán lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de
 Compostela os días 26 e 27 deste mes.
Xoves e venres, días laborábeis, non hei poder ir.

[...]
 Dadas as características do noso proxecto cremos imprescindible que onda
 nós estean os grupos de usuarios de Linux e, por suposto, iniciativas
 como a vosa enfocadas cara a localización de software e a tradución. Por
 iso gustaríanos saber se estaríades interesados en acompañarnos no stand
 e así poder difundir as vosas actividades.

Por min non hai problema en que vaia algun dos habituais a explicar o 
funcionamento e tentar liar a alguén para que se anime a traducir cousas 
novas / normativizar / verificar o feito.

 Este correo é simplemente para saber se vos interesa e a vosa
 dispoñibilidade. Podedes indicarnos tamén se ides precisar dalgún
 material específico ou se tedes algunha idea para o stand.
Este verao pasado uns rapaces de Foz prepararom unha party, daquela preparara 
unha apresentación explicando dun xeito moi superficial de que ia isto da 
tradución do software libre, que non chegou a ser usada. Dá para uns 10 
minutos, e é moi breve e  incompleta, ademais centra-se moito nos ficheiros e 
pouco nas ferramentas. Se tal podedes dispor dela (a licenza é 
fce-oqcsdc-edamfom).
Se preparasedes uns trípticos onde se referencie a trasno, estaria chachi.
Enviai fotos ;-)

-- 
Best Regards
MV
~
º ¸.·´¯`·... º ¸.·´¯`·...¸ º ¸.·´¯`·...¸ º
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpoW0awa5SvA.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno