olá:

pois nada, que sigo ocioso e vou tentar axudar de novo ;) :

Jesus Bravo Alvarez wrote:
>         (Por certo, a ver se alguén pódeme explicar un pouquiño a
> "legalidade" deses verbos pseudo-compostos co verbo ter) O:)

por certo, "a ver se alguén *pódeme* explicar ..." é "a ver se alguén
*me pode* explicar ..."; porque os pronomes ás veces van diante do verbo
(en interrogativas indirectas coma esta, en exclamativas, negativas ...)
e o lío maior xa é cando poden ir diante ou detrás XDDDD que xa é outra
historia.

en galego non existen os verbos compostos.

non confundir coas perífrases verbais, que é un verbo auxiliar, poden
ter unha unión por medio dunha preposición (a, de, por, para) ou a
conxunción "que" e un verbo auxiliado en forma non persoal (infinitivo,
xerundio ou participio). exemplos: *teño que ir* a vela, *ando a buscar*
pedras, *ando buscando* cogumelos, *vas levar* unhas ostias, *deron
acabado* a tempo, *hai que facelo* axiña, *houben partir* a crisma
naquela pena.

houbera sido unha pena, han dito, he feito, ... son formas incorrectas,
verbos compostos.

dicíanme na escola que non había tempos compostos e en todo caso que se
facían co verbo "ter" (que supoño que é o que che pasa a ti): ten sido
moi bo, teño tido aínda máis suspensos, etc. e aínda que agora non
lembro moi ben, creo que o problema está en que o explicaban mal, porque
o confundían cunha das perífrases que é "ter + participio": *teño
estado* na súa casa, fódeme non *ter chegado* a tempo.

o meu consello é que en caso de dúbida non poñas eses "pseudo-compostos"
e que busques outro xeito de dicilo.

>         (Xa que estamos, outra dúbida.  ¿Cando hai que poñer "i" no lugar
> de "e"? ¿Algunha vez, nunca?)

en galego normativo (que é o caso) nunca.

Primeiro Rubén e logo Jose Dapena wrote:
> > * Log file
> >   -esto aparece un ¿ovo? de veces, e estouno a deixar tal cal, ainda que nun
> > mensaxe de coña da traducción de gdm (deses de depuración, a mitade tiñan
> > cousas de coña), puxen caderno de bitácora... }:-)
>
>         En clase de bases de datos (en castelán) diciamos "fichero de
> log". A función é a de rexistrar ocurrencias (rexistro) ou a de apuntar
> incidencias (parte, folla de parte). O de rexistro soaría ben se non fora
> porque xa se usa en cousas ben distintas (arbol de rexistro ISO, rexistro
> de Windows, rexistro de OIDs...).

"¿ovo?" si, ovo, o que poñen as pitas, e tamén se poderá aplicar aos
collóns e ao resto das cousas digo eu :D

busquei no diccionario e dicía a parte interesante:
log: [...] (book) = logbook

e logo busquei logbook:
logbook: (NAUT) diario de a bordo; (AVIA) libro de voo; (of car)
documentación (do coche)

así que non andabas descamiñado co de "caderno de bitácora" ;) o máis
correcto quizais sería o de ficheiros de ocurrencias ou incidencias;
pero de todos os xeitos, eu traduciríao por ficheiros de rexistro que é
o que se adoita facer nas revistas en castelán.

aburinho!!

CrEqUe  <cre...@futura.interbook.net>

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a