Traduccion KDE
Ola a todos. Son novo na lista e queria preguntar se para traducir KDE hai que escoller os ficheiros sen nome asociado e traducción incompleta? ex: en kdeaddons os primeiros ficheiros para traducir son desktop_kdeaddons cun 65% e sen traductor e o seguinte dub, sen traductor e cun 0% (todo sacado de http://www.trasno.net/kde ). Unha vez escollidos, mándase o aviso a Xabi García? á lista? Graciñas ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion kde
PD: Xabi, se queres mándoche xa as traduccións e amañas ti esas palab ras, ti decides. É o mesmo, como che veña ben. As que sei sen diccionario border - bordo (sóese empregar máis ca contorno) bug report - informe (ou remite) de erro passphrase- contrasinal printable encoding - Literalmente, codificación imprimible (pero non sei o contexto) backend - eu o deixaría así, pero tamén podes optar por programa base ou algo similar, non sei, que me corrixan. -- NEU FÜR ALLE - GMX MediaCenter - für Fotos, Musik, Dateien... Fotoalbum, File Sharing, MMS, Multimedia-Gruß, GMX FotoService Jetzt kostenlos anmelden unter http://www.gmx.net +++ GMX - die erste Adresse für Mail, Message, More! +++ ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion kde
O Luns 10 de Novembro de 2003 ás 23:49, Javier dicía: backend backend (o mesmo que frontend = frontend) smartcards penso que se pode usar tarxetas intelixentes, enténdese ben polling isto en que contexto? printable encoding o que di Xabi, codificación imprimible, aínda que posiblemente teña o sentido de codificación mostrable, mira a ver se queda entendible bug report (relatorio de erro?) informe/relatorio de erro passphrase contrasinal (esta palabra vale para 'word' ou 'phrase', sexa o que for) :) fingerprint urg... esta é difícil... impresión dixital (?) se queres déixaa en inglés... border (bordo ou contorno?) o que di Xabi, bordo -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez http://www.pobox.com/~suso ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion kde
O Martes, 11 de Novembro de 2003 ás 13:24:43 +0100, Jesus Bravo Alvarez escribía: fingerprint urg... esta é difícil... impresión dixital (?) se queres déixaa en inglés... Eu no seu momento, en gnupg, empreguei pegada dactilar. -- Tarrío (Compostela) ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion kde
O Martes, 11 de Noviembre de 2003 13:24, Jesus Bravo Alvarez escribiu: O Luns 10 de Novembro de 2003 ás 23:49, Javier dicía: border (bordo ou contorno?) o que di Xabi, bordo Eu sempre traducin eso como beira. So era para engadir discordia. Saudos ;-) -- Fco. Xosé Vázquez Grandalfxvazquez (arroba) arrakis (punto) es (o_ Jabber ID: fxvazquez (arroba) myjabber (punto) net /)\c{} Web persoal: http://www.arrakis.es/~fxvazquez/ V__)_ Linux en galego: http://www.trasno.net ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion kde
Hola boas Ben, creo que deixarei as traduccions así e lle mando todo a Xabi: backend - backend (kio_print.po) smartcard - tarxetas intelixentes (kcmsmartcard.po) bug report - relatorio de erro (kio_smtp.po) passphrase - contrasinal (kio_sftp.po) fingerprint - pegada dactilar (kio_sftp.po) border - bordo (kcmkwindecoration.po e todos os kwin) Contexto de polling: (kcmsmartcard.po) Enable polling to autodetect card events Activar mostraxe? para autodetectar tarxetas Contexto de rintable encoding: (kio_smtp.po) Your server does not support sending of 8-bit messages.\n Please use base64 or quoted-printable encoding. O seu servidor non soporta o envío de mensaxes con 8 bits.\n Por favor, use codificación base64 ou 'quoted-printable'. E outra duda máis: Screen Saver - Salvapantallas ou protector de pantalla?? Cando teña estas tres últimas resoltas mandoche todo Xabi ;) Penso que estaria ben engadir estas palabras ó diccionario que tedes na web de trasno ;) Un saúdo. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion kde
O Martes 11 de Novembro de 2003 ás 20:58, Javier dicía: Contexto de polling: (kcmsmartcard.po) Enable polling to autodetect card events Activar mostraxe? para autodetectar tarxetas Aqui refírese a consultar repetidamente o estado da tarxeta na procura de eventos, en vez de esperar a recibir a sua notificación. Mostraxe no sentido técnico si podería valer, pero non sei se queda claro para o usuario. A miña cabeza non dá para máis hoxe... se non atopas outra cousa sempre podes deixalo en inglés. O seu servidor non soporta o envío de mensaxes con 8 bits.\n Por favor, use codificación base64 ou 'quoted-printable'. Iso é, 'quoted-printable' é un conxunto e non é traducible ;) E outra duda máis: Screen Saver - Salvapantallas ou protector de pantalla?? Mellor protector... Tentarei actualizar o dicionario algún dia... pero agora ando demasiado atarefado :( -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez http://www.pobox.com/~suso ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
traduccion kde
Hola boas! Pois ben, coa remodelación da paxina do proxecto de traducción animeime e púxenme a actualizar os ficheiros que teño asignados, xa os teño todos actualizados, pero teño dudas sobre unhas cantas palabras. Queria preguntar a opinión da lista antes de lle enviar a Xabi todos os PO,s ;). Estas son as palabras: backend smartcards (mellor non traducir, ¿non?) polling printable encoding bug report (relatorio de erro?) passphrase fingerprint border (bordo ou contorno?) Moitas gracias pola vosa colaboración ;). A ver se animamos esto un pouco!! Un saúdo PD: Xabi, se queres mándoche xa as traduccións e amañas ti esas palabras, ti decides. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno