Ola rapaces,

topei un erro grave sobre todo para usuarios avanzados.

Cando queres instalar un paquete deb desde un repositorio que no é
fiábel por mor de non ter a chave gpg correspondente instalada salta
unha mensaxe tal que:

"Os paquetes non fiables poden comprometer a seguridade do seu sistema.
Só debería continuar coa instalación se está seguro de que é o que quere
facer.

  blablabbla

Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
para continuar, introduza «Si»; para interromper, introduza «Non»: "

O problema é que o «Si» e o «Non» se os escribes así non funcionan e
terías que escribir yes ou no segundo sexa.

Non sei quen traduciu isto pero que o teña en conta.
Saúdos


-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a