Ola Felipe demais colisteiros,

Primeiro que nada, hai que agradecerche a constancia durante anos no
mantemento do grupo. Grazas por un traballo discreto e efectivo de
coordinación que nos permite estar entre os tradutores máis eficaces da
comunidade Ubuntu. Quero pensar que coa rotación de responsabilidades te
mantés igualmente no grupo dándolle á tecla.

Como creo que non vou poder estar o martes en liña manifesto agora o meu
voto positivo á túa proposta. = +1

Como simple membro tradutor paréceme moi acertada a túa proposta e animo a
Miguel, de quen todos sabemos a capacidade de traballo e o seu compromiso
coa mellor calidade do traballo colectivo, a que acepte a carga que supón a
coordinación e levar adiante esta ilusión de manternos aí arriba. O labor de
Fran tamén se foi revelando ultimamente como clave para resolver atascos,
abrir novas vías de colaboración, lograr unha maior integración en Ubuntu,
unha mellor consideración para o traballo dos tradutores ademais da mellora
da propia distribución en aspectos que só están ao alcance de grandes
coñecementos de fondo.

Seguirei colaborando o mellor que poida pola miña parte e aproveito para
desexarvos felices festas a todas e todos.

Un saúdo,

Antón Méixome



2010/12/22 Felipe Gil-Castiñeira <felipe...@gmail.com>

>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a