Ola rapaces,

dentro de dous días é o Ubuntu bug day centrado na localización,
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuBugDay/Planning

para iso debemos reportar bugs cara o noso grupo e logo ilos solucionando. O 
máis importante é recoller o máximo número de bugs.

Un dos exemplos máis bos é o que reportou Keko onte, con capturas e 
explicacións, pero débense enviar como bugs en launchpad ( 
https://bugs.edge.launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl ) e logo informar nesta rolda 
de que existen ditos bugs, senón non queda constancia.

No caso de ser un aplicativo de GNOME solicito, se non vos importa claro, que 
mo comuniquedes así podo solucionalo tamén en mainstream e todalas distros 
poden ter tamén ditas solucións.

Na medida das miñas posibilidades laborais, o xoves estarei en #ubuntu-bugs e 
#ubuntu-translators no IRC de irc.ubuntu.com.

Saúdos


-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a