Re: [Tradutores-Ubuntu] Fwd: Aplicativo git

2018-02-23 Por tôpico Román
 Ola!

 Se é pola miña mensaxe, escepticismo ningún, nada máis lonxe da
realidade. Se non, non me tería molestado en redactar tal ;-).
 Ao contrario, son partidario de que, a partir do esforzo que estás
facendo (que che agradezo xa mesmo, por certo), sexamos quen de
acordar e fixa-los termos deste campo, para tratarmos de reverte-la
situación de uso de estranxeirismos.

 Un saudo,

 Román

2018-02-23 11:57 GMT+01:00 Marcos Horro Varela <marcos.ho...@udc.es>:
> Ola,
>
> Paréceme que a discusión sobre a terminoloxía é moi interesante, mais, porén, 
> supoño que tamén será difícil acadar un consenso unánime. Non obstante, 
> tentarei recopilar unha lista de todos os termos específicos como comentaba 
> Antón baseándome nas traducións xa feitas e aceptadas.
>
> Por outra parte, preocúpame a utilidade da tradución polo escepticismo 
> mostrado neste fío. Con todo, penso que adicarei o tempo libre que teña a súa 
> tradución (non sei canto vou poder adicar). Fareivos chegar a lista ca 
> terminoloxía en canto a teña para que a poidamos discutir.
>
> Grazas polo voso tempo e polos vosos consellos.
>
> Saúdos,
> --
> Marcos Horro
> PhD Candidate
> University of A Coruña (UDC)
> http://gac.udc.es/~horro
>
> - Mensaxe orixinal -
> De: "Antón Méixome" <cert...@certima.net>
> Para: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team" 
> <ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com>
> Correo enviado: Xoves, 22 de Febreiro de 2018  10:09:27 PM
> Asunto: [Tradutores-Ubuntu] Fwd:  Aplicativo git
>
> -- Mensaxe reenviada --
> De: Antón Méixome <cert...@certima.net>
> Data: 22:06 do 22 de febreiro de 2018
> Asunto: Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git
> Para: List for coordination of Ubuntu Galician translation team <
> ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com>
>
>
> Ola,
> Moi interesantes reflexións no fío pero lembrade que a terminoloxía non só
> se emprega nas traducións das interfaces senón que tamén é necesaria para a
> documentación, manuais, etc.
> Por iso pola miña parte agradécese moito a precisión de conceptos que fai
> aquí Román e estou totalmente de acordo coa súa reflexión sobre a
> conveniencia de traducir.
> En relación con este campo tamén se teñen feito xa hai moito tempo
> traducións de software de CVS e Subversion. Creo lembrar que a forxa de
> Mancomún estaba traducida e algún máis.
>
> Para avanzar, xa que Marcos está na tarefa da tradución, propoño que remate
> a tradución asumindo os termos que a día de hoxe son estándares, por
> cohesión, e non teñen por que poñerse en cuestión. Refírome a cousas como
> File→Ficheiro, as cousas de estilo, etc, é dicir os consensos. Con respecto
> aos termos específicos pediría que fagas unha tradución con terminoloxía
> coherente (escollendo unha opción para cada termo e manténdoa sempre). Con
> iso xa te fas automaticamente cunha lista de termos que logo podemos
> reconsiderar/acordar por aquí. Moitas veces é necesario chegar ao final
> dunha tradución para ver todas as circunstancias e poder escoller a mellor
> solución. Nunha segunda volta rápida (no proceso de revisión, distinto do
> de tradución) harmonízase todo e avanzamos notablemente.
>
> Que vos parece?
>
> E por certo, "perante" é unha preposición, non un adverbio de lugar, un
> arcaismo xurídico que só significa máis ou menos "comparecer diante dunha
> persoa con autoridade". O que se quere dicir mellor con: por diante de,
> dediante de, en diante de, adiante de, adiantado a, ...
>
> Un saúdo,
>
> Antón Méixome
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Re: [Tradutores-Ubuntu] Fwd: Aplicativo git

2018-02-23 Por tôpico Marcos Horro Varela
Ola,

Paréceme que a discusión sobre a terminoloxía é moi interesante, mais, porén, 
supoño que tamén será difícil acadar un consenso unánime. Non obstante, 
tentarei recopilar unha lista de todos os termos específicos como comentaba 
Antón baseándome nas traducións xa feitas e aceptadas.

Por outra parte, preocúpame a utilidade da tradución polo escepticismo mostrado 
neste fío. Con todo, penso que adicarei o tempo libre que teña a súa tradución 
(non sei canto vou poder adicar). Fareivos chegar a lista ca terminoloxía en 
canto a teña para que a poidamos discutir.

Grazas polo voso tempo e polos vosos consellos.

Saúdos,
--
Marcos Horro
PhD Candidate
University of A Coruña (UDC)
http://gac.udc.es/~horro

- Mensaxe orixinal -
De: "Antón Méixome" <cert...@certima.net>
Para: "List for coordination of Ubuntu Galician translation team" 
<ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com>
Correo enviado: Xoves, 22 de Febreiro de 2018  10:09:27 PM
Asunto: [Tradutores-Ubuntu] Fwd:  Aplicativo git

-- Mensaxe reenviada --
De: Antón Méixome <cert...@certima.net>
Data: 22:06 do 22 de febreiro de 2018
Asunto: Re: [Tradutores-Ubuntu] Aplicativo git
Para: List for coordination of Ubuntu Galician translation team <
ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com>

Ola,
Moi interesantes reflexións no fío pero lembrade que a terminoloxía non só
se emprega nas traducións das interfaces senón que tamén é necesaria para a
documentación, manuais, etc.
Por iso pola miña parte agradécese moito a precisión de conceptos que fai
aquí Román e estou totalmente de acordo coa súa reflexión sobre a
conveniencia de traducir.
En relación con este campo tamén se teñen feito xa hai moito tempo
traducións de software de CVS e Subversion. Creo lembrar que a forxa de
Mancomún estaba traducida e algún máis.

Para avanzar, xa que Marcos está na tarefa da tradución, propoño que remate
a tradución asumindo os termos que a día de hoxe son estándares, por
cohesión, e non teñen por que poñerse en cuestión. Refírome a cousas como
File→Ficheiro, as cousas de estilo, etc, é dicir os consensos. Con respecto
aos termos específicos pediría que fagas unha tradución con terminoloxía
coherente (escollendo unha opción para cada termo e manténdoa sempre). Con
iso xa te fas automaticamente cunha lista de termos que logo podemos
reconsiderar/acordar por aquí. Moitas veces é necesario chegar ao final
dunha tradución para ver todas as circunstancias e poder escoller a mellor
solución. Nunha segunda volta rápida (no proceso de revisión, distinto do
de tradución) harmonízase todo e avanzamos notablemente.

Que vos parece?

E por certo, "perante" é unha preposición, non un adverbio de lugar, un
arcaismo xurídico que só significa máis ou menos "comparecer diante dunha
persoa con autoridade". O que se quere dicir mellor con: por diante de,
dediante de, en diante de, adiante de, adiantado a, ...

Un saúdo,

Antón Méixome
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

[Tradutores-Ubuntu] Fwd: Aplicativo git

2018-02-22 Por tôpico Antón Méixome
-- Mensaxe reenviada --
De: Antón Méixome 