On Tue, 3 Mar 2009, Miguel Bouzada wrote:

Adxuntovos a todos un textiño no que desbarro un pouco sobre algunha idea
cara o futuro ...

"Ben e certo que ainda non temos ningunha referencia clara do que pode acontecer no futuro, pero de todos e sabido que o apoio do PP ó SwL non é moi alá que digamos. As únicas accións coñecidas Lliurex e Max (EducaMadrid) son acdcións anecdoticas e desvencelladas da comunidade, especialmente a de Valencia da que teño novas de que chegan ó extremo de usurpar aplicacións e de que as traducións encomendanse a empresas."

Acabo de chegar de Girona dun congreso, no que entre outra documentación recebemos un libro sobre o proceso de migración a software libre na Consellería de Infraestructuras e Transportes da Generalitat Valenciana. Dende logo, a min esta iniciativa non me parece anecdótica, nin o desenvolvemento de gvSIG, que xunto co Sextante, empurrado polo governo de Extremadura, está a ser a killer-app dos sistemas de información geográfica libres no mundo. Sobre o tema de encargar traducións a empresas... pois o mesmiño que hai por aquí, ¿non?

Non estou defender ó PP. O que quero dicir con esto, é que en realidade quen governe non ten importancia. O que importa é que a xente técnica que ven acompañando ós novos políticos, teña ganas e coñecemento para face-las cousas. Teño a sensación de que se está a falar do 2 de marzal como se houbese un cataclismo no software libre galego. Pensade como eramos hai catro anos. O que importa, ante todo, son as nosas comunidades do software libre. Se son fortes, quen esté nunha determinada administración non é relevante.

Tocante ó de facer unha especie de asamblea de axentes relacionados co software libre paréceme correcto (se ten que ter entidade legal ou non, xa se verá). Pero, aínda que sexa pouco operativo, e as experiencias pasadas sexan algo dolorosas, non estou de acordo no de reducir esa asamblea a dous representates facendo de interlocutores. Só entre grupos de usuarios, de traductores e asociacións de empresarios xa temos necesidade de tres representantes diferentes. Por outra banda, xa sabemos que entre os grupos de usuarios temos tamén ás veces posturas radicalmente opostas, polo que, mellor que falemos todos que que falen dous sós.


Tsao

--
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a