Ah! Ok! Agora xa o entendín, graciñas :)


> From: [email protected]
> To: [email protected]
> Date: Wed, 13 May 2009 13:33:30 +0200
> Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Traducción SL
> 
> > Desculpade a miña ignorancia, pero sigo sin entender moi ben o asunto...
> > Aínda no sei moi ben como funciona todo isto.
> >
> > Entón, o que se fai en LaunchPad sería traducir sobre unha distribución xa
> > feita e traducir no "upstream" sería traducir, por exemplo, para que se
> > poida escoller o idioma ao que traducimos cando instalamos o programa?
> >
> > Un saúdo.
> 
> En Launchpad, as traducións son para as aplicacións EN UBUNTU. Por exemplo, o 
> lector de correo do ambiente de escritorio GNOME, "Evolution", podes 
> traducilo 
> en Launchpad, e a tradución aparecerá dispoñible en Ubuntu.
> 
> Porén, en lugar de facer unha tradución en Launchpad (específica para a 
> distribución Ubuntu), o que podes é traducir o Evolution -o método é distinto 
> ao usado en Launchpad, se en tres meses continúas xa se che explicará ;)- e 
> enviarlles a tradución aos propios desenvolvedores do Evolution, de forma que 
> a tradución estará dispoñible non só para Ubuntu, senón para calquera 
> distribución (OpenSUSE, Arch Linux, Fedora, etc.).
> 
> Para empezar, Launchpad supoño que está ben. Pero se segues traducindo un 
> tempo, acabarás por traducir "en condicións", descubrirás a maxia dos 
> ficheiros 
> PO, etc. Ti polo de agora practica co Launchpad.
> 
> NOTA: Hai métodos de tradución similares ao de Launchpad que sirven para a 
> tradución xeral dos programas, pero diso non sei moito. Han saber máis os 
> demais.
> 
> Un saúdo!
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> [email protected]
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

_________________________________________________________________
Descárgate ahora el nuevo Internet Explorer 8 y ten a tu alcance todos los 
servicios de Windows Live ¡Gratis! 
http://ie8.msn.com/microsoft/internet-explorer-8/es-es/ie8.aspx
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a