Ola colegas tradutores, parece que non hai moito movemento pola lista en agosto. De todas maneiras quería pedirvos que transmitirades o seguinte aviso.
O vindeiro luns, día 24 de agosto, conxélase a tradución de Gnome 2.28. A tradución dos paquetes básicos está ao 100% traducida. Como sabedes launchpad importa as traducións a partir deste momento e hai que ter en conta - Que as traducións que se fagan antes da importación desde Gnome serán postergadas cando launchpad sincronice. - Que se modificades pola cadeas particulares de Gnome unha vez que launchpad importe os paquetes de Gnome 2.28 vanse producir inconsistencias na tradución (que ten o seu propio "libro de estilo") - Que non sabemos cando o van facer nin cantas sincronización se van producir - Que imos facer (Mancomun), un seguimento moi de preto tanto en Gnome como en launchpad para asegurar que esta versión saia o máis rigorosa posíbel. Sabedes que launchpad introduce cadeas propias e modifica outras sobre as orixinais de Gnome. Como revisor de Gnome, pídovos aos tradutores o seguinte - Que non perdades o tempo traducindo paquetes do Gnome 2.28 que vai saír coa Karmic de Ubuntu en outubro. - Que revisedes a tradución cando se incorpore a launchpad e que as faltas ou melloras as comuniquedes ben aquí ou preferentemente na lista de coordinación de Gnome directamente ([email protected] á que podedes acceder desde http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/gnome - Que se traducides cadeas dos paquetes base de Gnome que modifica Ubuntu que o fagades atendendo á homoxeneidade das escollas na versión paquetizada. Máis nada, Feliz agosto, meus. Antón Méixome -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
