El 2 de septiembre de 2009 16:46, Adrián Chaves Fernández<[email protected]> escribió: >> Vaites, amólote?, tes algún problema que sexa un independentista?ç > > Non creo que tivese ningún, simplemente notou que o eras. Non es o único entre > os tradutores (supoño que é algo normal), así que por discriminación non será, > vamos. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >
Vaia "discusión de ollomoles" X-DD. O de que "soou independentista" non era ningunha clase de ataque (na miña opinión, claro, pero é que a frase de Marcos García viña acompañada dunha emoticona bastante descriptiva). Seica o único que se amolou realmente foi Golfinho. É lóxico pensar que todos os que estamos por eiquí comulgamos co de "viva o Galego!", así que non te ofendas, home, e por suposto, benvido á comunidade ;-). Por certo, este fío tráeme á memoria unha reflexión: neste país (deixo como exercicio do lector decidir se falo de Galicia ou de España :-P), pola historia que temos, non se pode dicir algo como "viva Galicia (ou Galiza)" ou "viva España" sen que o tilden a un de nacionalista, da cor que sexa (independentista, unionista, galego, español, de esquerdas, de dereitas, etc.). Sen embargo, cando estaba moi de moda unha canción do grupo mexicano Molotov e soaba en tódolos garitos, a xente berraba con ganas iso de "¡viva Méjico, cabrones!"... e non ocorría nada malo. Aí queda iso ;-). Saúdos, Román. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
