IMHO creo que se están a mesturar conceptos moi distintos # Politica de traballo Libre/privativo creo que non cabe nesta lista, pois está claro o que imos dicir todos
#Enganar coa aparencia aquí caben discusións, supoño que maioría estamos por dicir que NON #Filosofía de fondo GNU/LInux, Ubuntu, Galinux.... ó marxe de que (como xa se dixo) Galinux e Ubuntu é o mesmo, só que cunha instalación predeterminada en galego e cos "skins" da xunta. Falar de GNU/LInux versus Ubuntu, fai que nos esquenzamos da realidade, - Debian, Slackware, Fedora... - #Queda o máis importante, sobre a premisa <cita> - Pero cas equipas das que se dispón (velhas que funcionaban con WIN98) temos/teremos/e se terán problemas (virus, compatibilidade, impresoras,etc) </cita> Aquí falar de Distros "normais" e atoarse noutro problema, debe pensarse en distros lixeiras, pero ollo, que levo moito tempo leendo que tal ou cual é lixeira, Xubuntu, Debian+xfce, Vector, Mepis etc... a realidade e que podeselles chamar "máis lixeiras" ou o que é o mesmo, menos funcionais, pero estamos a falar de distros que precisan PIV 1400MHz e >256 MB de RAM (algunhas xa piden 512). A opción pasaría por Absolute Linux (baseada en Vector-Slackware), Puppy (Debian daquela maneira) Feather, Austrumi, Deli Linux, Damn Small Linux ... O problema de todas elas é que unhas non van ben en "hard" antigo outras levan paquetería moi obsoleta, ningunha está en galego (agás unha adaptación moi "friki" que fixen eu sobre Deli) e nin siquera están en castelan (o que a falta de galego as faría máis operativas que si só están en ingles) . Queda unha opción... GALPon MiniNo que nestes días está en fase de renovación integral, pero que (coas súas chatas) soluciona os problemas en máquinas obsoletas, totalmente traducida ó galego, de feito a versión "Ronsel" arrica o live directamente en galego, con paquetería actualizada (p.ex. Abiword tramita ODF) http://minino.galpon.org/wiki/doku.php?id=start Podedes seguir a evolución da futura versión aquí http://gruvi.galpon.org/index.php/Debian_en_"lixeiras" * *-- Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx, .ppt, .pptx Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/ Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala [email protected] -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
