Non sei porqué dis que se perde tempo en temas sen importancia, básicamente porque poucas veces se fala de nada, así que non é que se perda tempo, simplemente desvíase un pouco do tema principal. Saúdos
2009/9/27 Fran Dieguez <[email protected]> > Ola a todos, > > coido que é o meu primeiro envío a esta rolda máis penso que todos me > coñecedes. Son tradutor de GNOME ao galego (en breve o único), alén de > outros proxectos, polo que non son un recén chegado nin teño pouca > experiencia na tradución de software ceibe. > > En fin que estamos a piques de ver a nova versión kármica de Ubunto e vexo > que non hai moito movimento de coordenación nesta rolda e moito menos > traducido nos novos engadidos nesta versión. En concreto e máis salientábel > son o "Software Store" e o "Ubiquity Slideshow". > Este último resulta moi paradóxico que non fora traducido anteriormente > porque é certamente a primeira porta que se atopa un usuario novo ao chegar > ao "LiveCD" de Ubunto e tenta instalalo na sua equipa. > > Este slideshow xa o teño traducido completamente e o seguinte asalto sería > o > Software Store, para chegar á data da liberación de Karmic en boas > condicións. Espero nos vindeiros días ter algún comentario e suxestión de > aplicativos por traducir. En principio bastaría con informar de seccións > sen > traducir na Karmic. Para os que teñan máis medo que empreguen unha máquina > virtual (p.ex. VirtualBox) coa última live-cd de Ubuntu Karmic alfa-6 > http://cdimage.ubuntu.com/releases/karmic/alpha-6/ . > > Pouco histórico desta rolda vin así que non podo xulgar, pero coido que se > perde moito tempo falando de temas sen importancia (ex. os comentarios > relacionados coa presentación de* Golfinho-Gz*) . Aquí o importante é > traducir o máis e mellor posíbel a contorna de Ubunto ao galego. Por favor > non tomedes este comentario coma un ataque a todos vós, só como unha > crítica > construtiva. > > Saúdos a t...@s > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- marcos garcía // marquitox (.net) -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
