A ver,

Estaba acabando-repasando o debian-installer e creo que temos que
tomar algún camiño ou avanzar algo

prompt
  - indicador
  - indicativo
  - indicación
  - aviso
  - invitación
  - solicitude
  - petición
  - prompt

Por suposto referido ao sentido "command prompt" (orde de consola en
modo texto) e non ao verbo prompt (preguntar)

En principio inclínome por "indicación" xa que non ten uso actual,
mentres que "indicador" úsase moito como tradución de indicator). O
caso de "indicativo" é diferente porque -en principio- só pode ser
adxectivo e aquí necesitamos un substantivo. Ou deixamos indicador ?

- Glosario de Mancomún
 prompt
 indicador de ordes

- Glosario de localización

- No glosario de Trasno non está.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a