Vaia, pois sinto contradicir. Non é un erro senón a aplicación regular
das regras do 2003. Preferencia pola terminación -aría (fronte a
-ería): libraría, consellaría, etc.

No fondo, a cuestión é que facemos un calco lingüístico do castelán. A
palabra non ten fixación normativa aínda nin con -ería, nin con -aría.
A solución de "messaging" varía segundo cada lingua.

Eu busquei documentar desde o punto de vista normativo e atopei que no
DOG case sempre se emprega "mensaxaría" (electrónica ou non) .

Mais cabe considerar que mensaxe (provenzal /messatge/) pola súa orixe
é unha palabra que debería facer o substantivo abstracto como -ería,
xa que sería de aplicación a regra da analoxía (coma nos casos de
batería, galería, mercería, bixutería, coquetería, galantería ... )
que non teñen posibilidade de formas en -aría. De todas maneiras o
caso de "mensaxería/aría" podería ser considerado como palabra
recreada, como neoloxismo seguindo o patrón de "carpintaría",
"libraría", etc. E unha maneira de disimular a realidade de que
obviamente procede da influencia do castelán "mensajería", que no caso
de admitirse levaríanos necesariamente a mensaxería.

É unha palabra moi nova ao punto de que en portugués non se emprega
(prefire "mensageiro vivo" ou "instantáneo")  e en castelán nin
sequera está recollido este uso no dicionario oficial por moi
"estandarizada" que xa está a tradución "mensajería instantánea". A
opción da maioría das linguas románicas é esquivar a creación do termo
abstracto...

En resumo, que hai razóns para ambas solucións, ora ben o uso máis
"formal" tende a ser analóxico coas demais formas en -aría.






2009/10/2 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> 2009/10/2 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>
>
>> É un erro o de mensaxaría non?
>>
>> Cliente de mensaxaría Empathy > ... Mensaxería ...
>>
>
> aposto que si o é, para min debe ser mensaxEría
>
>> --
>> Fran Diéguez
>> http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>>
>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_min...@conf.jabberes.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a