Hoxe un compañeiro comentoume algo que igual resulta en algo de utilidade. Coméntovos e decídesme que vos parece:
El dicía que sería estupendo ter unha ferramenta sinxela que permitise, unha vez detectada unha mensaxe errónea en calquera parte da interface, saber facilmente en que ficheiro estaba para poder, por exemplo, ir a Launchpad e cambialo por algo ao xeito. Ben, calquera con idea de usar a liña de ordes e de en que directorios hai que mirar non tería maior problema para solucionar este asunto. Pero ninguén naceu aprendido. Así que pensei en facer algo con Zenity (por exemplo, e por facilidade. Pouco mirei, pero parecía fácil de todo) e grep, un programiña que faga un msgunfmt de todos os .mo, o garde en ~/.<programa>/*.po e lle presente ao usuario un cadro de texto para introducir a cadea errónea que atopou, e saque unha lista de nomes de ficheiro que habería que revisar (e incluso a liña ou así). Tamén se pode facer que mire nos .mo (sen msgunfmtear) e diga só o nome do ficheiro... non sei. Pensades que sería de utilidade? Igual para usar durante as betas e alfas de Ubuntu se podería poñer a disposición de quen queira empregalo... Ben, iso: antes de poñerme a facelo, védeslle utilidade? -- Saúde, Chaves - http://chav.es -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
