> veño de corrixir (e moito) a tradución que estaba en launchpad de
> git-core. Contan con dous ficheiros: un para a tradución de todas as
> mensaxes do programa, e outra como "glosario" que nunca se vai a mostrar
> ao usuario, pero que si que lle vale ao tradutor como referencia.
>
> Reitero que por favor a xente que traduza en launchpad que se tome polo
> menos uns días para coñecer os programas que está a traducir porque a
> tradución que estaba arriba daba directamente "noxo", sobre todo se
> notaba que o tradutor non empregara git na súa vida.
>
> Anexo o ficheiro pofile do glosario de terminoloxía do GIT.
Agradécese. A ver se algún día se pasa a formato TBX para poder
consultalo facilmente.
Ata logo,
Leandro Regueiro
--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl