2009/10/15, Suso Baleato <[email protected]>: > Boas, > > Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da > Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan > pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido > a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas. > > Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora > a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar, > ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os > próximos 10 anos. > > O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión, > -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven > nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode > atoparse eiquí: > > http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3 > > Resumindo: > > * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren > disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado: > > - Desenvolvemento: > - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos) > - AraOS, Galinux (documentación e debs) > > - l10n: > - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un > destes proxectos ten infraestructura propia independente de > Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do > oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen > funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi > útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor > sentimental. > - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais) > - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso) > - Toda a documentación publicada > > - A maiores: > - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica > - Mirror da web, incluíndo wiki > > * Distribución dos servizos: > > - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de > rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a: > > - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos > dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o > traballo diario e as xuntanzas periódicas. > > - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP > correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e > flexibel. > > * Estratexia para o traslado: > > - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición > da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que > consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar > a conta e iniciar o respaldo. > > - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que > sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais > roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e > alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que > seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no > CESGA > suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso > manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende > a web de información do mailman. > > - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis > máis > que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a > non > ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará > copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se > defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que > amose o mailman para a rolda. > > - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado > sen > descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado. > > - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos > máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra > forxa > (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo). > > * Tarefas concretas para a migración: > > - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e > Trasno. > > * Servizos que podemos ofrecer > > Eiquí houbo tormenta de ideas: > > - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por > exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki > sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/ > GNOME) > - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata. > - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse > na galeguización de software. > - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova > xente, vía web. > > En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non > agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser > resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: > quedaría > aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo > as > súas achegas. > > * Tarefas e perfís > > Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise. > > * Outros > > - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse > en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso > interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada. > Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non > pode
- 09/10/09 15:48: Correo de Suso: "Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente?" -11/10/09 03:14: Correo de Suso: "Acabo de combinar con Minhoca para quedar este luns 12 en torno ás 20:00 en Cangas e como non é un sitio precisamente céntrico, falamos de convocar outra máis para o mércores 14 a esa mesma hora pero xa en Compostela, sitio por definir (admítense suxerencias)." -13/10/09 04:50: Correo de Suso: "Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu." 13/10/09 21:38: Correo de Suso: "Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto presencialmente como facendo aportacións vía correo." Aínda que agradezo sinceramente o ofrecemento das CIF, penso que este xeito de facer as cousas, simplemente, non procede. Se se pretende dar exemplo de transparencia, ánimo de cooperar e demais, creo que convocar unha reunión *o día antes*, e ademais *xa fixada a data e lugar*, non é a mellor idea. Incluso unha semana de prazo me parecería demasiado curto. > representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo > estaría > excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma > independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais > iso > non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que > Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó > para todos. > > - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro > para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema > suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e > desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é > preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún, > senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e > institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela. > > Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous > anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así, > o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o > mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os > próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o > mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima > transparencia. > Apreciación persoal: amolaríame bastante que, por ir con presas, se comprometan 5.000 eurotes, que se cadra se poden aforrar. Non corre *tanta* presa, señores. > Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o > desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura > de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será > unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza. > > Saúdos, > > Suso Baleato escrebeu: >> Boas, >> >> Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia >> da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí >> estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas >> de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, >> tanto >> presencialmente como facendo aportacións vía correo. >> >> Saúdos e avante toda! Nada máis polo de agora. Ou si: calma. Non fagamos as cousas demasiado ás presas. >> >> >> >> Suso Baleato escrebeu: >> > Suso Baleato escrebeu: >> > > Minhoca escrebeu: >> > > > Suso Baleato escribiu: >> > > > > >> > > >> > > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de >> > > recursos de >> > > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle >> > > continuidade aos >> > > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n. >> > > >> > > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas >> > > quen queira, >> > > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode >> > > vir, que >> > > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda. >> > > >> > >> > Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais >> > fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola >> > Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu. >> > >> > Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para >> > consideración >> > xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para >> > Compostela >> > (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos >> > de >> > local, a ser posibel con aparcadoiro fácil). >> > >> > NATUREZA >> > -------- >> > Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser >> > institucional >> > nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha >> > federación >> > de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para >> > iso, >> > máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe >> > cando >> > a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta >> > complicado >> > facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova >> > persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, >> > na >> > liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas >> > físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo >> > dos >> > consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas >> > mentres cada >> > quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións >> > existentes, >> > como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e >> > demais >> > axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido >> > identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o >> > que >> > medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do >> > software. >> > Todo o que veña a maiores, benvido sexa. >> > >> > NOME >> > ---- >> > Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar >> > a >> > indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis >> > neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. >> > O motivo >> > é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican >> > claramente, >> > está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes >> > de dominio >> > e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á >> > comunidade >> > con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un >> > mancomún-2 >> > idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua >> > son os >> > que vemos como máis críticos. >> > >> > RECURSOS >> > -------- >> > Os recursos dos que dispoñemos son: >> > >> > - Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola >> > Ciberirmandade, >> > con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso >> > comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o >> > límite >> > que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun >> > servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles >> > manterían >> > en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades >> > definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de >> > seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico, >> > glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este >> > servidor >> > ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de >> > control, >> > scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación >> > non >> > acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total >> > independencia. >> > >> > - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha >> > para >> > respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver >> > diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as >> > traducións, >> > unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada >> > aquí) >> > e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o >> > proceso >> > de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto >> > que era >> > vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, >> > decidín >> > asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste >> > servidor >> > pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das >> > traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o >> > ofrecemento >> > da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, >> > xunto >> > cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os >> > dous >> > próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido >> > este >> > tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual >> > para >> > ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial >> > e xa >> > non facemos falta.) >> > >> > ALCANCE >> > ------- >> > Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún >> > (observación, >> > formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e >> > soporte) e >> > contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso >> > priorizar >> > seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos >> > abarcar. >> > E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que >> > imos >> > poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de >> > seguranza- >> > e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de >> > localización. >> > >> > Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, >> > monifate >> > e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe >> > corresponder >> > ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as >> > que >> > mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser >> > continuados >> > e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles >> > dende >> > fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza >> > todo o >> > código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha >> > conta no >> > servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida >> > programar >> > unha copia de seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro >> > poida >> > reutilizarse o material evitando que se perda. >> > >> > Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e >> > un >> > problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes >> > de >> > que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a >> > comunicación >> > -e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por >> > eso >> > acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da >> > rolda de >> > mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural >> > é a >> > falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no >> > g11n >> > sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que >> > poidamos >> > atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o >> > sistema >> > de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é >> > necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en >> > facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. >> > Todo >> > esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para >> > hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer >> > en >> > marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa >> > que >> > montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que >> > irían >> > sendo definidos pola comunidade. >> > >> > Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é >> > isto >> > que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o >> > que se >> > comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o >> > sitio >> > xa avisamos. >> > >> > [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto >> > cousas >> > como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a >> > SW >> > Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron >> > abortadas >> > polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel >> > mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a >> > levar >> > a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as >> > miñas >> > iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da >> > parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo >> > coa >> > máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas. >> > >> > [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes >> > sociais á >> > comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para >> > permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do >> > g11n. >> > >> > > Saúdos e veña que vamos, >> > > >> > > > >> > > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente >> > > > > aberta para >> > > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de >> > > > > cara ao >> > > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de >> > > > > que o resto >> > > > > irá chegando de forma natural. >> > > > > >> > > > >> > > > Adiante. >> > > > >> > > > -- >> > > > --- >> > > > Saúde. >> > > > ...................................................................... >> > > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. >> > > > >> > > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora >> > > > http://www.ciberirmandade.org >> > > > >> > > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede >> > > > ...................................................................... >> > > > >> > > > _______________________________________________ >> > > > G11n mailing list >> > > > [email protected] >> > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n >> > > >> > > -- >> > > http://susinho.pagina.de/ >> > > _______________________________________________ >> > > G11n mailing list >> > > [email protected] >> > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n >> > >> > -- >> > http://susinho.pagina.de/ >> >> >> >> -- >> http://susinho.pagina.de/ >> >> >> -- >> To unsubscribe, send mail to [email protected]. > > -- > http://susinho.pagina.de/ > -- Saúde, Chaves - http://chav.es -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
