2009/10/23 Antón Méixome <[email protected]>: > Si, a idea é a "tabulación que encabeza, que lidera" > > Mestra? > Polo menos así a traduciu Nacho en Gnome >
Caín da burra (vaia coma descargo que non tiña o abiword diante O:-). Supoño que no contexto no que aparece a cadea, enténdese ben se di, simplemente, "principal", "mestra" ou algún outro equivalente. Culpa miña; estou de acordo con calquera das traduccións propostas. 2009/10/23 José Manuel Castroagudín Silva <[email protected]>: > (offtopic) > > Acabo de instalar Abiword (2.6.8, en Debian) e quedei flipado. Aúltima vez > que o vira, Abiword non era practicamente nada. Agora ten algunhas cousas > que da gloria velas. O menú de Ferramentas ten unha pinta caralluda, moito > máis alá do que se esperaría dun procesador de textos. O menú de > "Collaborate", promete.. (non fun quen de que funcionara, pero se é o que > parece, é unha auténtica marabilla. Podes empregar unha conta de jabber para > ter "documentos compartidos"...) > > Miña nai, parece que vai ser mellor que revise os programas que uso, e > botarlle un ollo a todas as alternativas. A saber o que me estou a perder, > jejeje... > > (/offtopic) > (offtopic) Eu tamén teño ganas de fedellar nel. Habitualmente uso o ooffice v.2, e me resulta bastante pesado. Se me convence, pode que renuncie ó ooffice para o traballo de diario (aínda que teño pendente darlle unha oportunidade coa versión 3, a ver que tal vai). (/offtopic) Saúdos a todos. Román -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
