Ola,

No cadro de diálogo que sae cando prememos Lugares > Conectar co
servidor... e seleccionamos a opción 'Compartido por windows', a
expresión 'Share' tradúcese por 'Compartir'.

Se non entendo mal, este 'Share' non é un verbo en inglés senón un
nome. En español ven traducíndose por 'Recurso compartido'. Non parece
que teña moito sentido poñer 'Compartir', como está na tradución
actual pois leva a engano. En realidade non imos compartir nada senón
intentar conectarnos a un recurso que comparte o servidor. Non sería
mellor traducilo por 'Recurso compartido' ou, se non colle por razóns
de espazo, simplemente por 'Recurso'?

Xa postos en plan 'repunante'. Se no menú a opción chámase 'Conectar
co servidor...', o título do cadro de diálogo debería ser 'Conectar co
servidor' en vez de 'Conectar ao servidor', ou viceversa, como pareza
mellor. En calquera caso sería bo manter a consistencia.

Finalmente, supoño que a opción 'Compartido por windows' debería
escribirse 'Compartido por Windows'.

Non sei se esta é a rolda adecuada para comentar estas cousas. Imaxino
que isto ven da tradución de Gnome.

-- 
Saúdos,

Xosé Antonio Rubal.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a