-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 > Son Pablo, e como suporedes son novo por aquí. Son teleco e, malia que por > diversas razóns levaba varios anos case sen utilizar linux, hai un tempo > volvín a este mundo da man de Ubuntu. E como parte desta "volta" propúxenme > colaborar na localización de software ao galego, algo que tamén comezara hai > moito tempo pero que tamén deixara aparcado. E foi aí, consultando en sitios > como Mancomún (RIP) cando descubrín este grupo de localización de Ubuntu e > decidín pasar á acción comezando por aquí. Así que aquí estou, preparado para > comezar a colaborar. E como son novo, agradezo propostas de por onde > comezar...
Ola Pabo, chegas no momento idóneo, toda axuda é benvida. Como podes comprobar aquí hai xente con diversos grados de implicación e con todos cruzaraste nalgun momento xa que estamos supeditados ao tempo libre que nos deixa a actividade laboral. Neste grupo e cada vez máis primamos a calidade das traducións, fronte á cantidade polo que moitas veces estamos falando de "asentar terminoloxía", homoxeineizar, glosarios, memorias de tradución, etc. Non te aflixas inicialmente, podes colaborar tranquilamente e de forma sinxela. Serían ben que leras a parte de lingua do "Manual de Localización de Software Libre de Mancomún (https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/554/Manual_localizar_09c.pdf) e para consultas na tradución podes consultar dicionarios en liña e un recurso moi moi útil http://open-tran.eu/ que recolle as traducións feitas nos principais proxectos libres. Coidado con esta ligazón porque non inclúe moitas das últimas correccións de estilo que se fixo durante o último ano e pode presentar disparidades nas posibilidades. Este ano podemos definilo como moi moi produtivo en canto á localización de software ao galego. Parvo de min, non me presentei... Son Fran Diéguez actualmente xunto con Felipe Xil, Miguel Bouzada e Antón Meixome coordinamos o grupo de localización ao galego. Polo que se tes calquera dúbida xa sabes onde preguntar. Podes ver os históricos da rolda para ver antigas discusións. Grazas polo ofrecemento, agardamos te quedes por moito na familia. Saúdos - -- Fran Diéguez - http://wiki.ubuntu.com/FranDieguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/ iEYEARECAAYFAksLFUoACgkQmLtmJqKk+bgC6gCfTZ1VjSuX98Fy041IyRfTRCf3 YRMAniEo1NQrHi7AX2iNmDyQbr0ccJxP =Kl+H -----END PGP SIGNATURE----- -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
