-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 [email protected] escribiu: > > > Ola xente! > Felipe e Fran, xa fixen os deberes: lin o manual de localización de Mancomún > e tamén estiven navegando pola wiki. E estes son algúns comentarios sobre o > contido e estrutura da wiki para mellorala: > - Sobre a sección Inicio: > - Parte do seu contido penso que debería estar noutras páxinas. > Porexemplo, Comezar a traducir debería estar en Como colaborar e > Ligazónspodería ser unha páxina á parte. > - En Colaborar indica que para unirse ao equipo haique ir a unha > páxina de launchpad, cando hai un apartado específico deComo colaborar, o que > o fai un chisco confuso. > - As páxinas principais dos apartados (Como colaborar, Outrainformación e > Contacto) non conteñen referencias e ligazóns aos seussubapartados e serían > prácticas. > - Os índices de contido das páxinas están numerados, pero non o estácada > apartado. Supoño que iso é cousa da Wiki, pero non sei se haberíaalgunha > forma de corrixilo ou facer que os apartados de cada páxina e asúa xerarquía > se diferenciase mellor. > - A sección Tarefas trata de vostede e o resto da Wiki de ti. > - A páxina Que non traducir, aínda que non está traducida, observei que tenun > formato distinto (por exemplo non aparece o menú da Wiki) > - Aínda que xa sei que moitas partes da Wiki están en construción, inclúo a > lista de erros que fun atopando para telos en conta e corrixilos: > - Estado das traducións: todavía (aínda), xunto (conxunto?), qeu > (que), inforado (informado), sección do máis abaixo (sección de...), > imporatntes > - Como colaborar (en construción): cordinación, en este (neste), > decir (dicir), os mensaxes (as mensaxes), > - Resumo do ciclo de traballo: alomenos (polo menos), nadie > (ninguén), listado (listaxe), cual, suponer (supor), fichero, líña (liña) > - Tarefas: cree (cre/crea), "Recorde que nos podemos suscribirnos" > (?), qeu (que), que nos estemos (?) > -Preguntas más frecuentes (en construción): más (máis), diferencia > (diferenza), oficianis (oficiais), diretamente,faena (traballo), quenes > (quen), "ienen los conocimientos..." (?), A parte (Á parte) > - Temas avanzados (en construción): pàxina, utilitzación, > ferramentaas, dase o caso que (dáse o caso de que), Nestos (nestes), > encontral, do contrario denominado Rosetta (?), icona nova (nova icona), rató > (rato), Nun anaco averiguouse o nombre (unha vez que se averiguou o nome?), a > partires de (a partir de), se abre (ábrese) > - Quen somos: collaboradores, que poden aceptar as traducións ao > sistema (?), siguen (seguen), a traveso da/de (a través da/de) > > Isto é todo o que vin polo de agora. Se se me ocorren máis propostas para a > Wiki, xa volas irei contando. > > Un saúdo, > Pablo. > > > > > > = Ola Mr. penedo,
grazas polas remisións de grallas, lembroche que tamén podes editar a wiki ti mesmo. Se tes unha conta de launchpad podes iniciar sesión na wiki. Xa sabes onde estamos. Saúdos - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/ iEYEARECAAYFAksRrAkACgkQmLtmJqKk+bhjsgCdEkBjbiWS4APxRFHmXSF7dibx xYsAoILSo+qIDDMQqHnEile0gFabOK4b =u53C -----END PGP SIGNATURE----- -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
