Ola. En principio, tanto Fran e máis eu, estamos coa tradución do Manual de Ubuntu, espero que non lle pareza mal a ninguén. Porque comento isto, e agora explícome:
Como sabedes o manual de Ubuntu está en fase de realización. Somos os que levamos a tradución máis avanzada de todos os equipos. A tradución non é para tirar foguetes, pero ten unha calidade mínima e está pendente dunha revisión completa, a cal se realizará en local e se compilará o manual e se comprobará todo o traballo realizado. Agradecemos todas as colaboracións e aportacións que a xente está a facer, pero non vos matedes xa que as cadeas cambian e o que vamos facendo é intentar manter a tradución dentro duns parámetros aceptábeis para poder rematala, revisala e probala (cando finalicen coa redacción do mesmo) antes da súa inclusión na nova versión de Ubuntu. Xa comezamos a realizar as primeiras capturas de pantalla seguindo as instrucións da xente que realiza o manual e cremos que se progresa adecuadamente co mesmo. Avisarémosvos dos progresos que realizamos. Un saúdo. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
