Benvido Iván, Bótalle unha ollada a algo que che apeteza e que no que non concorran moitos membros, así poderémosche iniciar mellor.
Xa nos dirás, Antón 2010/4/22 Fran Dieguez <[email protected]>: > En 22/04/10 17:54, lucanuscervus escribiu: >> Hola chamome Ivan e remaome de unir ao grupo de traduccions, se me >> aclaro como :) >> >> Un saudo > > Ola Iván! > > Benvido ao Grupo de localización ao Galego, por estes lares tes a xente > de diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na > localización ao galego de Ubuntu. > > recibimos unha solicitude de admisión do usuario "laegnur", entendo que > eres ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes de > admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións > para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E > no caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga > os consensos que temos estabelecidos. > > Logo de este "armonioso" parágrafo recoméndoche que comeces por ler a > nosa wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde > poderás encontrar información moi valiosa para os principiantes. > Namentres nós procurámosche un aplicativo co que poidas comezar a > traducir. Aló tamén tes ligazóns a recursos ortográficos e estilísticos > do idioma galego que é interesante que leas. > > Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, > se traballas no mundo da medicina nós procuráremosche un aplicativo > relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará que te > inicies moito máis rápido. > > Se tes calquera pregunta, esta rolda é a axeitada. > > Saúdos. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > [email protected] > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
