Antes de nada, benvido!

> Non sei se fixen algo mal. A minha resposta escomezou un novo fio

Iso pasa porque o asunto da mensaxe de correo-e debería estar
precedido por "Re:" para que continúe na mesma conversa. Isto xa o fai
o teu programa de correo electrónico ao darlle a responder (ou
debería). A verdade é que polo xeral resulta útil seguir co mesmo fío,
pero non sempre.

> Non estou seguro de como funcionan esto das listas de correo. Agardo que
> esto vaia ao sitio correcto. :)

Unha lista de correo é un enderezo de correo normal, pero calquera
mensaxe que se lle envíe, envíalla tamén a todas as outras persoas
subscritas a dita rolda. Non ten ciencia ningunha.

> Non sei se e de recibo respostar unha a unha todas as emails ou podese
> facer de golpe. Disculpome por adiantado

Pódese facer sempre que o fagas con xeito. Agora mesmo estouche
respondendo a dúas mensaxes túas con esta única mensaxe.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a