Teras que ter en conta que o "gl" está sen sincronizar desde fai a de
dios... o catalán o sincronizan ao día, pero do galego levan máis dun ano
sen facer ningunha completa

no seu momento eu cambiei tododo canto actualización (corresponde a upgrade)
había e o cambiei, pode que se escapara algún, pero hai que telo en conta

upgrade → anovación
update → actualización

outras cousa, "fontes de software" debe ser "orixes" xa se dixo moitas veces

os dereitos de explotación non teñen nada que ver cos dereitos de copia (ou
copyright)

desactualizar ? será correcto ???



2010/5/18 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Boas.
>
> Como non, sigo a revisar o manual de Ubuntu para que coincida o que
> vai no manual coa interface de Ubuntu. A ver se acabo dunha vez. Hoxe
> conto rematar.
>
> Estou co aplicativo Fontes de software e atopo o seguinte:
>
> Nalgunhas partes non se está seguindo a convención que se acordou
> sobre as maiúsculas, é dicir, todas as palabras dun título en
> maiúsculas, que fan en inglés e nos en galego non. Anexo captura de
> pantalla fontes-de-software-1.png. Un exemplo:
>
> Escolla un Servidor de Descargas (título da xanela) ou Escoller
> Servidor (botón). Aínda que hai máis. Revisade iso.
>
> Agora unha posible mellora na tradución dalgunha cadea, xa que no
> Manual hai algunha tradución que ao mellor lle acae mellor que a que
> temos hoxe en día no Fontes de software. Anexo captura de pantalla
> fontes-de-software-0.png.
>
> Software de código aberto asistido por Canonical (main)
> Posíbel proposta: Software de código aberto con asistencia de Canonical
> (main)
>
> Controladores propietarios de dispositivos (restricted)
> Posíbel proposta: Controladores privativos para dispositivos (restricted)
>
> Software restrinxido por razóns de copyright ou legais (multiverse)
> Posíbel proposta: Software restrinxido por dereitos de explotación ou
> aspectos legais (multiverse)
>
> Esta sae na mensaxe que aparece cando modificas os repositorios e
> dáslle ao botón Pechar:
>
> A información sobre o software dispoñíbel está anticuada
> Posíbel proposta: A información sobre o software dispoñíbel está
> desactualizada
>
> Por agora esas. Se atopo máis, xa aviso.
>
> Unha aperta.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a