2010/5/21 Ivan Perez <[email protected]>

> Este un erro que vexo moito, especialmente en software de traducción
> (como o que utiliza lavozdegalicia.es)
>
> Esta é a forma en que eu o estudiei e en que sempre o dixen:
> - Hai moito tempo que non o vexo.
> - Hai tres anos que non vou alí.
> - En setembro hai 8 anos que non o vexo.
> É incluso:
> - En setembro van 8 anos sen que o vexa/en que non o vexo.
>
> Poderíase admiitir (aínda que teño moitas dúbidas):
> - En setembro fan 8 anos sen que o vexa.
>
> Pero nunca se admitiría "fai 8 anos" ("fai" en singular, "8 anos" plural).
>
> ¿Opinións?
>

Ola Iván,

Podería ser un tema longo discutir sobre aspectos dialectais pero no que
respecta ao galego estándar, abonda cunha referencia normativa. DRAG sobre
os valores do verbo facer:

*«7*. Haber xustamente [certo número de semanas, meses ou anos] do nacemento
de [alguén]. *Para luns fai vinte anos.* »

O interesante é o exemplo que aclara precisamente a túa dúbida. FAI (sing.)
+ X anos (plural)

Non acabo de ver por qué se debería desconfiar do uso do verbo en singular
seguido dun complemento (que non do suxeito) en plural.
Eu tamén teño moitas dúbidas, de feito considero case incorrecta a que
puxeches ti

? En setembro fan 8 anos sen que o vexa.

> En setembro fanse 8 oito anos sen o vexa
> En setebmro fan 8 anos sen que se vexan
> En setembro fai 8 anos sen o que vexa

> Saúdos.
>
> 2010/5/20 Antón Méixome <[email protected]>:
> > 2010/5/20 Román <[email protected]>
> >
> >> 2010/5/20 Miguel Bouzada <[email protected]>:
> >> > El 20 de mayo de 2010 15:29, antiparvos <[email protected]
> >> >escribió:
> >> >
> >> >> Ola, se non lembro mal, coido que as construcións do estilo 'Fai xxx
> >> >> segundos' son incorrectas, penso que se debera escribir 'Hai xxx
> >> >> segundos'. Se isto é así deixo as grallas seguintes pero creo que
> están
> >> >> moi xeralizadas.
> >> >>
> >> >> tomboy
> >> >> fai x días-->hai x días
> >> >> http://tinyurl.com/39yrag6
> >> >>
> >> >> transmission
> >> >> fai
> >> >> http://tinyurl.com/2w42bxl
> >> >>
> >> >
> >> > Certo, corrixo o que é erro meu,  tomboy deixollo á xente de gnome
> >> >
> >> > --
> >> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> >> [email protected]
> >> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >> >>
> >> > --
> >> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> > [email protected]
> >> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >> >
> >>
> >>  Hola,
> >>
> >>  A min, o último que me aprenderan no instituto (pre-normativa 2003) é
> >> que se usa "hai xxx días" cando xxx é un tempo vago, indeterminado, e
> >> que en cambio hai que empregar "fai xxx días" cando é un tempo ben
> >> determinado; por exemplo: "arranxeiche iso fai dous días", pero
> >> "aqueleiche os papeis hai un par de semanas" (tamén valería "fai",
> >> neste segundo caso, se fosen exactamente dúas semanas).
> >>  Ben é certo que sempre me pareceu un chisco artificial, e coido que
> >> nunca escoitei a unha persoa concreta usa-las dúas formas, segundo o
> >> caso (normalmente, ou sempre "fai", indistintamente, ou sempre "hai").
> >> Algunha vez mesmo pensei que era unha cousa "meid-in o'profe", e que a
> >> normativa nunca tal dixera.
> >>  Algún dos lingüistas que hai na lista podería sacarme de dúbidas, se
> >> non é moito pedir?
> >>
> >>  Saúdos,
> >>  Román
> >>
> >>
> > Confírmocho. Non é ningún invento:
> >
> > «Haiche moito que non o vexo...fará oito anos para setembro»
> >
> > Aí tes os dous. Non me digas que che soa artificial.
> >
> >
> >
> >> --
> >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >> [email protected]
> >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > [email protected]
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> [email protected]
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a