Ola, teño instalada a última Ubuntu e tamén o Inkscape e indo aos créditos vexo que varias persoas traduciron o Inkscape en Launchpad. Despois de certo tempo sen traducilo decidín actualizar a tradución, e quería coller as traducións de Launchpad para ver se serven para algo, pero non son quen de atopar o ficheiro de tradución de Inkscape en Launchpad. O máximo que conseguín foi isto https://translations.launchpad.net/inkscape onde di que non se traduce usando o Launchpad, o que se contradí un pouco cos créditos que podo ver no Inkscape que teño instalado. Alguén me podería axudar?
-- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
