2010/6/24 Román <[email protected]>:
> 2010/6/23 Fran Diéguez <[email protected]>:
>> Ola rapaces,
>>
>> topei un erro grave sobre todo para usuarios avanzados.
>>
>> Cando queres instalar un paquete deb desde un repositorio que no é
>> fiábel por mor de non ter a chave gpg correspondente instalada salta
>> unha mensaxe tal que:
>>
>> "Os paquetes non fiables poden comprometer a seguridade do seu sistema.
>> Só debería continuar coa instalación se está seguro de que é o que quere
>> facer.
>>
>>  blablabbla
>>
>> Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
>> para continuar, introduza «Si»; para interromper, introduza «Non»: "
>>
>> O problema é que o «Si» e o «Non» se os escribes así non funcionan e
>> terías que escribir yes ou no segundo sexa.
>>
>> Non sei quen traduciu isto pero que o teña en conta.
>> Saúdos
>>
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> [email protected]
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>  Ola,
>
>  Se é posible traduci-las posibles respostas, conviña, como ocorre con
> outros aplicativos de consola, que se admitan ambas respostas, en
> Galego e máis en Inglés: «Si» e «Yes» e «S» e «Y» para dicir que si,
> «Non» e «No» e «N» para dicir que non (en realidade, as respostas
> curtas, dunha soa letra, poden ser consideradas inválidas, coma sucede
> en emacs cando queres saír sen gardar, dependendo da utilidade).
>
>  Digo isto porque é de moita utilidade cando tratas de lanzar un guión
> de liña de ordes e emprega-la utilidade "/bin/yes", por exemplo, para
> facer algo de forma desatendida, sen ter que preocuparte de que
> programas están traducidos e cales non. Se non lembro mal, /bin/rm, ou
> aptitude, apt-get e demais familia, por citar dous casos, aceptan
> ambas respostas... pero falo de memoria, así que igual me equivoco de
> programas.

Estou con Román, antes mellor investigar a posibilidade de localizar
as respostas aceptadas.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
[email protected]
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a