Neste momento volvemos a estar no posto 17 de idiomas máis traducidos cun 68,11% xa traducido e quedando pendentes 117.461 de 368.304 totais
Compriría que os que traducides en "trunk" fixerades unha revisión exhaustiva de todas as cadeas dos ficheiros nos que traballades, xa que como neses ficheiros entra calquera, atopámonos con que cada quen emprega un criterio distintos e as traducións son moi diversas. Onte o desenvolvedor de ClamTk enviou un correo: *Hello all, ClamTk 4.32 will be released soon. There are no new strings for translation; however, there is time to update the language files if needed. Please let me know if there are any questions, and thank you as always! https://translations.launchpad.net/clamtk* Cando entrei nel ao ver que xa estaba traducido atopeime con este problema que veño de comentar. A titulo de lembranza indicarei algún dos erros máis habituais (non digo que sexa este caso concreto, senón en xeral) Window → debe traducirse só por xanela cando estamos na metáfora de escritorio, quedando o uso opcional de fiestra cando se fala dun elemento construtivo « as fiestras da miña casa» deben empregarse as comiñas latinas « e » no canto das comiñas dobres inglesas " da comiña simple ' e dos tiles (que as veces empregan os programadores) ` e ' «by default» tradúcese por «predeterminado/a» e nunca por «por defecto» excepcionalmente o texto require o emprego de «por omisión», mais lembremos que non é o mesmo a voz «predefinido» aplicase cando se fala de «preset» e incluso (aínda está sen discutir) para «preseed» Lembrade que os erros «producense» no aparecen por que si... «produciuse un erro ao abrir o ficheiro....» o mesmo acontece con «fallo/fallou» Decidiuse que iamos empregar sempre «non é posíbel» ou «non foi posíbel» no canto de: non (se) puido, non (se) pode, etc... e... aínda hai quen emprega «Arquivo» para «File», lembrade que é «Ficheiro», agás cando se fala de «Archive» ou de paquetes/comprimidos onde entón si é Arquivo. Estamos a substituír Acerca (de ...) por «Sobre» Sería importante que vexades http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas E que buscarades información no wiki de Trasno fundamentalmente en: http://wiki.trasno.net/Recursos Para rematar por hoxe... empregade a lista de Trasno para calquera consulta ou dubida (por parva que semelle), se é unha consulta de termos, etiquetade o asunto con « [Terminoloxía] termo-asunto_da_consulta » para facer doada a busca posterior. A ver se para a próxima versión acadamos o posto 16... xa só faltan 6.000 cadeas, que tendo en conta que os chineses (tradicional) tamén lle dan arreo poden ser sobre 10.000 cadeas novas. Se temos en conta que nestes tres últimos meses eu fixen (entre revisións e cadeas novas) máis de 20.000 creo que entre todos podemos acadalo. -- /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl