2011/5/3 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>
> O Mar, 03-05-2011 ás 15:37 +0200, Antón Méixome escribiu:
>> Dash (parece diminutivo de dashboard): taboleiro, panel, cadro de
>> control (podemos probar con "pizarra") . Hai que lembrar que tamén
>> Mozilla trae o seu "Home Dash"
>
> Aínda que é moi apetecíbel traducilo por panel, non o vexo moi axeitado
> e Dash é algo máis que un panel. Niso concordo coas explicacións do
> castelán.
> Dash => Dash
>>
>> Launcher
>> Creo que sae automaticamente o de "lanzador" pero sería máis preciso,
>> "lanzador de aplicativos" ou por diferenciarse dun ficheiro executable
>> usar "lanzadoiro". Por outro lado non é máis ca unha doca de
>> lanzadores de aplicativos posta en vertical.
> Iniciador (de aplicativos). Tede en conta que o launcher tamén pode
> iniciar un documento de texto, ficheiro de imaxe ou son...
>>
>> Workspaces
>> Creo que está en reconsideración, porque resulta moi complexa a
>> tradución para moitas linguas. De feito a nosa "espazos de traballo" é
>> bastante pobre. Gustaríame máis algo como "pantallas/escritorio (de
>> traballo)"
> Non hai volta de folla.
> Workspaces => Espazos de traballo
>
> Se tes configurado multimonitor a que lle chamas pantallas e a que lle
> chamas espazo de traballo. Fai analoxía dun escritorio non-virtual de
> traballo e verás a que están tendendo as interfaces de traballo actuais.
> Tarefas relacionadas => Mesmo espazo de traballo
>
> Saúdos
>

Pois hai quen lle dá moitas...

Rename Workspace to Scratchpad
https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=653093



>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a