Grazas, Miguel. Sen dúbida fixeches un boísimo traballo. Actualmente non traduzo nada en Launchpad ou calquera cousa diretamente para Ubuntu, xa que estou centrado en GNOME e nas súa documentación (traballo que recolle Ubuntu) co que non son a persoa ideal, nin tampouco quero, para tomar o relevo. Aínda así apoiarei fortemente a persoa que queira seguir co teu traballo e axudareille en canto poida.
Miguel, agardo que poidamos seguir vendo como completas traducións aínda que non sexa dende a coordenación. E moitas grazas de novo! Fran Diéguez http://www.mabishu.com GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 On Lun 13 Feb 2012 13:42:10 CET, damufo wrote: > Boas Miguel: > A min gustaríame que reconsiderases a decisión e continuases. > En todo caso, súmome aos agradecementos. > > En 2012/02/13 13:11, Leandro Regueiro escribiu: >> 2012/2/11 Román<[email protected]>: >>> 2012/2/10 Miguel Bouzada<[email protected]>: >>>> Por razóns puramente persoais, estou a pensar abandonar totalmente as >>>> traducións. Creo que nesta situación non son o mellor coordinador >>>> posíbel >>>> para este equipo, polo que sería bo que discutirades quen pode ser >>>> o meu >>>> substituto. >>>> >>>> m. Bouzada >>>> >>>> -- >>>> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org >>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net >>>> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» >>>> http://galpon.org >>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org >>>> -- >>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list >>>> [email protected] >>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >>> >>> Ola, >>> >>> Para min sería unha verdadeira mágoa. Pase o que pase, quero >>> agradecer dende aquí o gran traballo que, na miña humilde opinión, >>> Miguel Bouzada realizou durante todo este tempo. Moitas gracias! >>> >>> En relación ao tema da sucesión, de se dar o caso, supoño que os >>> membros realmente activos son os que deben optar ao posto, así como >>> chegaren a un acordo para propoñer un sucesor. En caso de que non >>> haber consenso, podemos recorrer a sometelo a votación, pero espero >>> que non faga falta. >>> >>> Máis nada. Esta é a miña postura, dende a miña posición de membro >>> totalmente inactivo, pero agradecería escoitar a dos que non estean de >>> acordo. >> Grazas polo traballo feito. Espero que non sexa un adeus para sempre. >> >> Deica >> > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list [email protected] https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
