Probablemente, o termo máis comprensible para os profesionais da
música sexa o estranxeirismo «sampler».

 De preferir unha voz propia, o «mostreador» suxerido por M. Bouzada é
o termo máis axeitado, na miña humilde opinión (ignoro se está nalgún
dicionario; empregar «mostrador» sería claramente un erro, ademais de
dar lugar a moitos equívocos). Outros termos similares, como
«secuenciador», non se poden usar porque xa denotan a outros aparellos
diferentes relacionados coa música dixital.

 Para mostra, deixo un par de referencias a continuación. Nótese que
tanto en español coma en portugués se usa o estranxeirismo de forma
habitual. En francés, se estou no certo, emprégase «échantillonneur».

http://www.wordreference.com/enpt/sampler
http://www.wordreference.com/enes/sampler
http://gl.wikipedia.org/wiki/Sampler
http://es.wikipedia.org/wiki/Sampler

 Román

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a