Boas Iñaki!

Perdoa, non vin o teu correo antes (filtroumo o cliente de correo). Pois
diría que es o novo responsable do "Galician LoCo Team" :).

Habería que actualizar a información do LoCo:
http://loco.ubuntu.com/teams/ubuntuengalego/,
https://launchpad.net/%7Eubuntuengalego e
https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam. É probable que podas editar ti a
información directamente (non son consciente da existencia dun mecanismo de
permisos, pero se tés calquera problema avísame).

Un saúdo
     Felipe


2017-01-13 15:29 GMT+01:00 Iñaki Quenerapú <quener...@gmail.com>:

> E logo, que?
>
> :-) Iñaki Quenerapú
>
> El 10 nov. 2016 12:33 p. m., "Felipe Gil-Castiñeira" <felipe...@gmail.com>
> escribió:
>
>> Boas!
>>
>> Hai xa moito tempo que non escribo por aquí, en gran medida porque o
>> traballo me tivo moi absorbido e non lle puiden adicar tempo ás traducións
>> ou a Ubuntu en xeral.
>>
>> Tamén, aínda que este correo é sobre o Galician LoCo Team, considerei
>> oportuno envialo á lista de tradución de Ubuntu ao galego, xa que é onde
>> hai actividade e onde está a xente que pode estar interesada.
>>
>> Indo ao gran, o asunto é que existe o "Galician LoCo Team" pero está sen
>> actividade. Hai xa uns meses púxose en contacto comigo Iñaki Quenerapú (en
>> copia) xa que estaba organizando o evento LibreTeo. Tras dunha pequena
>> conversa por correo, Iñaki expresou o seu interese en dinamizar o LoCo para
>> a divulgación e promoción do uso de Ubuntu en Galicia.
>>
>> Paréceme unha gran oportunidade para darlle un pulo ao grupo, así que se
>> ninguén ve algún inconveniente, el pódese encargar a partir de agora do
>> LoCo.
>>
>> Se houbese algunha outra persoa interesada en liderar o LoCo, por favor,
>> respondede á lista ou a min directamente, e vemos como organizarnos.
>>
>> Unha aperta!
>>      Felipe
>>
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a