Pois a min non me desagrada, pensemos que en catalán o «cometre» non
corresponde co noso «cometer», senón co noso «acometer» e que a RAG define
(na 3ª acepción) como: *Intentar levar a cabo*. Acometeron o negocio sen
saber os perigos aos que se expuñan.

O 21:55 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu:

> Boas:
>
> Chámame a atención a tradución de commit (no catalá) =-O
>
> Dani
>
>
> On 21/02/18 20:03, Leandro Regueiro wrote:
>
>> Ola,
>> Debo dicir que me gusta a aproximación dos cataláns (a terminoloxía na
>> cabeceira do propio PO):
>> https://github.com/git/git/blob/master/po/ca.po#L6-L45
>>
>>
>> Saúdos
>>
>> 2018-02-21 19:58 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>
>>> Ola,
>>> para o tema da terminoloxía algo hai en:
>>>
>>> http://termos.trasno.gal/
>>>
>>>
>>> Ademais quizais poidades tirar proveito das memorias de tradución de
>>> Netbeans (hai dúas) que se non lembro mal tiña moitos termos deste
>>> estilo:
>>>
>>> http://trasno.gal/memorias-de-traducion/
>>>
>>>
>>> Saúdos
>>>
>>> 2018-02-21 18:27 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>>
>>>> Ola.
>>>>
>>>> Concordo co exposto por Dani. Tanto no que se refire o feito de se paga
>>>> a
>>>> pena de traducilo ou non como no que se refira á terminooxía.
>>>>
>>>> Vexo que na tradución actual  non se seguen os acordos trasnegos ...
>>>>
>>>> hint: %.*s → axuda: %.*s (consello, help → axuda])
>>>>
>>>> file por arquivo no canto de por ficheiro
>>>>
>>>> Usar a forma persoal «ti» no canto do imperativo de 3ª persoa
>>>>
>>>> manter termos en inglés → «Non é posíbel executar cherry-picking porque
>>>> tes
>>>> arquivos sen fusionar.»,  «Non é posíbel realizar merge porque tes
>>>> arquivos
>>>> sen fusionar.», «Non é posíbel realizar pull porque tes arquivos sen
>>>> fusionar.»
>>>>
>>>> empregar as comiñas simples inglesas no canto das comiñas latinas →
>>>> Corríxeos na árbore de traballo e emprega 'git add/rm <arquivo>',
>>>> como sexa apropiado, para marcar a resolución e realizar un commit.
>>>>
>>>> erros como «conflicto» (conflito),
>>>>
>>>> Confundir o número (e o til) → Non concluistes a túa fusión (existe
>>>> MERGE_HEAD)
>>>>
>>>> Por favor, faga un commit antes de fusionar. ( O por favor famoso :-))
>>>>
>>>> Transliteración → Saíndo por unha fusión inconclusa.
>>>>
>>>> E aquí todo un pouco mesturado
>>>> Nota: actualizando a árbore de traballo '%s'.
>>>>
>>>> Atópaste en estado 'detached HEAD'. Podes revisar, facer cambios
>>>> experimentais e confirmalos, e podes descartar calquer commit
>>>> feite neste estado sen facer impacto na túa ṕola facendo outro
>>>> checkout.
>>>>
>>>> Se queres crear unha nova póla para manter os commits creados,
>>>> podes facelo (agora ou despois) empregando -b co comando checkout.
>>>> Por exemplo:
>>>>
>>>> git checkout -b <nome-da-nova-póla>
>>>>
>>>> ... todo iso nas 15 primeiras cadeas
>>>>
>>>>
>>>> Paréceme oportuno insistir no que dixo Dani... primeiro acordar termos e
>>>> estilo, após traducir, aínda que se un usuario de git precisa a
>>>> tradución
>>>> non lle fío moito futuro :-)
>>>>
>>>> O 16:15 do 21 de febreiro de 2018, Dani <d...@damufo.com> escribiu:
>>>>
>>>> Boas Marcos:
>>>>>
>>>>> Non sei até que punto pode pagar a pena traducir git.
>>>>>
>>>>>
>>>>> En todo caso, na miña opinión habería que comezar por facer un glosario
>>>>> específico onde poñer os termos as súas traducións
>>>>> commit
>>>>> merge
>>>>> branch
>>>>> push
>>>>> pull
>>>>> diff
>>>>> status
>>>>> reset
>>>>> checkout
>>>>> clone
>>>>> init
>>>>> add
>>>>> staged
>>>>> amend
>>>>> ...
>>>>> Aquí hai algo que igual che pode servir.
>>>>> https://listas.mancomun.gal/pipermail/g11n/2009-May/001930.html
>>>>>
>>>>> Aquí tes por exemplo a tradución fixada por trasno para commit-> envío
>>>>> http://termos.trasno.gal/
>>>>>
>>>>>
>>>>> Eu seguiría as instrucións aquí indicadas
>>>>> https://github.com/git/git/tree/master/po
>>>>> para logo crear o
>>>>> gl.po
>>>>>
>>>>> Para traducir empregaría poedit, virtaal, lokalize ou o que che sexa
>>>>> máis
>>>>> práctico e ir facendo envíos («commits») coas traducións
>>>>>
>>>>>
>>>>> Dani
>>>>>
>>>>> On 21/02/18 13:24, Marcos Horro Varela wrote:
>>>>>
>>>>> Ola a todos,
>>>>>>
>>>>>> Actualmente estou a traducir o aplicativo git, unha ferramenta que
>>>>>> serve
>>>>>> como control de versións e que ademais emprégase moito no ámbito
>>>>>> informático. Non coñezo moi ben a dinámica do equipo de traduccións;
>>>>>> de
>>>>>> feito este é o primeiro correo. Eu o que estou a facer é crear novas
>>>>>> suxerencias na páxina de translation LaunchPad [1], pero non sei se o
>>>>>> estou
>>>>>> a facer ben.
>>>>>> Grazas.
>>>>>>
>>>>>> Saúdos,
>>>>>>
>>>>>> [1] https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+source/
>>>>>> git/+pots/git/gl/+translate
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>
>>>>>
>>>>> --
>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>>>
>>>>>
>>>>
>>>> --
>>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>>>> http://galpon.org
>>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
>>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>>> --
>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>>
>>>
>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a