Boas,

 En procesado de sinal e matemática de sinais discretos (son incluído,
evidentemente) soe usarse simplemente «mostra», pero neste caso é
ambiguo polo que comenta Miguel Bouzada (fixádevos como no texto en
inglés citado por Marcos Lans tamén falan de «frame / sample»
indistintamente; e, sen embargo, en son «sample» case sempre ten unha
duración temporal -é dicir, é un anaco máis ou menos longo formado por
unha secuencia de varias «mostras puntuais» ou «frames»-).

 Aparte das opcións xa mencionadas, só se me ocorren «punto» ou
«mostra puntual». Menos adecuadas «toma» (que ao escoitalo case me fai
pensar máis nun «sample» que nun «frame», a verdade) ou «valor»
(demasiado ambiguo).
 A outra posibilidade sería facelo ao revés: usar «mostra» para
«frame» e algo como «secuencia» para os «samples»... pero se supón ir
en contra dun corpus xa existente de tradución (como parece suxerir
Miguel), non son partidario disto. (e por certo, os «sequencers» e os
«samplers» son cousas distintas, así que usar «secuencia» tampouco me
parece a mellor alternativa; ver, p.ex.,
https://www.reddit.com/r/synthesizers/comments/21cdzx/difference_between_samplers_sequencers/
)

 Saúdos,

 Román


2018-03-16 17:54 GMT+01:00 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Mostraxe xa se emprega para «sampling» e mostra para «sample»,  en todo o
> que levo eu traducido de son, que é moito. :-)
>
> a min agora non se che me ocorre nada, a ver se nalgún paseo sae algo.
> mentres deixo para quen queira axudar a pensar...
> → xogan co similitude de canción-filme, onde un instante é un cadro
> (frame), de aí a miña idea de «momento»
>
>
> 2018-03-16 17:41 GMT+01:00 Marcos Lans <marcoslansga...@gmail.com>:
>
>>
>> Tendo en conta isto:
>>
>> «An audio frame, or sample, contains amplitude (loudness) information at
>> that particular point in time. To produce sound, tens of thousands of
>> frames are played in sequence to produce frequencies.
>>
>> In the case of CD quality audio or uncompressed wave audio, there are
>> around 44,100 frames/samples per second. Each of those frames contains
>> 16-bits of resolution, allowing for fairly precise representations of
>> the sound levels. Also, because CD audio is stereo, there is actually
>> twice as much information, 16-bits for the left channel, 16-bits for the
>> right.»
>>
>> e sabendo que «instancia» xa ten outro significado na tradución de
>> software, sería correcto «Mostraxe de son»?
>>
>>
>>
>> On 16/03/18 17:05, Miguel Bouzada wrote:
>> > O primeiro era saber o que é un «audio frame»
>> >
>> > https://stackoverflow.com/questions/3957025/what-does-a-
>> audio-frame-contain
>> >
>> > e tamén
>> > https://docs.microsoft.com/en-us/uwp/api/Windows.Media.AudioFrame
>> >
>> > Visto isto eu propoño «instancia de son», ou, chegado o caso só
>> > «instancia». Tamén podería ser (quizais máis correcto pero menos
>> > intelixíbel para os profanos) «momento [de son]»
>> >
>> > Se alguén ten máis ideas ...
>> >
>> >
>> >
>> > O 15:34 do 16 de marzo de 2018, Marcos Lans <marcoslansga...@gmail.com
>> > <mailto:marcoslansga...@gmail.com>> escribiu:
>> >
>> >     Ola
>> >
>> >     están no ficheiro de Pulseaudio:
>> >
>> >     https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+
>> source/pulseaudio/+pots/pulseaudio/gl/+translate?
>> batch=10&show=all&search=frame
>> >     <https://translations.launchpad.net/ubuntu/bionic/+
>> source/pulseaudio/+pots/pulseaudio/gl/+translate?
>> batch=10&show=all&search=frame>
>> >
>> >
>> >     On 16/03/18 10:30, Miguel Bouzada wrote:
>> >     > Ola Marcos.
>> >     > Como técnico de son que fun ... dime onde atopas iso e a ver que
>> podo
>> >     > concluír.
>> >     >
>> >     >
>> >     > 2018-03-15 21:58 GMT+01:00 Marcos Lans <marcoslansga...@gmail.com
>> >     <mailto:marcoslansga...@gmail.com>>:
>> >     >
>> >     >> Ola
>> >     >>
>> >     >> Alguén sabe o que é un Frame of audio
>> >     >> Teño atopado: trama de audio/fotograma de audio
>> >     >>
>> >     >> --
>> >     >> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> >     >> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com <mailto:Ubuntu-l10n-gl@lists.
>> ubuntu.com>
>> >     >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>> >     <https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl>
>> >     >>
>> >     >
>> >     >
>> >     >
>> >
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>> > http://galpon.org
>> > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
>> > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
> --
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a