Ola,

Cando se enumera con letras en writter, esta emprega un abecedario distinto
ó galego, aparecendo a j cando esta letra non existe no noso idioma.
Normalmente non sería un problema, pero estou transcribindo un texto legal
e non podo empregala.

Supoño que xa se preguntou antes por isto, pero por se acaso envíoo. Tamén
probablemente este non sexa o sitio onde preguntar por isto, pero non
atopei ningún mellor.

Unha posible solución para non afectar as enumeracións en castelán sería
incluir o alfabeto galego como opción, ó igual que o búlgaro.

Saudos e moitas grazas polo voso tempo.

Ismael Ordóñez.

-- 
Correo a users+unsubscr...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/users/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a