Para actualizar a tradución de Seamonkey encontrámonos co termo "flash".

No Glosario de localización está recollida unha única tradución para 
flash, pero que obedece claramente a un valor diferente. Cómpre 
distinguir entre o "flash" como tipo de ficheiro ou tecnoloxía e a 
acción "flash" dun ou sobre un obxecto.

Propoño

1. flash > flash (=java)
2. flash > escintilar (=blink, titilar)

Ora ben, de cara a estabelecer un consenso temos unha certa disparidade 
nas traducións. Mentres en Gnome e openoffice se optou por escintilar, 
en KDE temos tanto chiscar como  destellar (quitar tella?)

Opinións?



-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090716/6d34ae46/attachment.vcf
 

Responderlle a