mvillarino escribiu:
>>>>> *caché > cache [5]
>>>>>           
>>> Por que razón non leva til no final se ten o acento na última sílaba e
>>> remata en vogal?
>>>       
>> debería, por iso na nota [5] expresei as miñas reservas acerca desta
>> corrección. O corrector 'caché' non o colle pero si 'cache' e non vin en
>> ningún dicionario recollido 'caché' senón cache co que marcado coma
>> barbarismo. Iso si, a norma recolle que os barbarismos se acentúan (vd. a
>> norma para máis detalle, apartado. 2.6)
>>     
>
> Será o mesmo caso que elite?
>
>   
>>>> *axir
>>>>         
>>> Que demo é isto?
>>>       
>> eu tampouco teño nin idea, que mo expliquen!!. creo que é un lusismo collido
>> de 'agir'
>>     
>
> Como xa dixen, axir é unha que se me pasou cando transliteraba desde o
> portugués, e significa reaccionar quimicamente, entre outras cousas.
>
>   
>>>> *inicialización > inicio/arrinque [14]
>>>>         
>> vamos, que creo que o usuario lle dá igual que signifique en 'initilise' en
>> programación e cando arrinca un programa creo que prefire ver 'iniciar o
>> programa', pois iso é o que quere facer.
>>     
> mmmm, vale, pero debemos procurar un vocábulo para (/ ter coidado con)
> a acción de "devolver un programa á configuración predeterminada", e
> non empregar a palabra iniciar para cousas que queirar dicir comezar a
> facer algo.
>
>   
>>>> *invertir > inverter
>>>>         
>>> Cando non é investir.
>>>       
>> non. iso é facer un investimento (ollo, e non ,cast., 'inversión'), de
>> investir.
>>     
> Si. cando aparece o castelanismo invertir*, pode ter que corrixirse
> tanto a inverter como a investir, segundo o significado orixinario no
> inglés.
>
>   
>>>> *voltar > volver
>>>>         
>>> E voltar xa non se acepta??
>>>       
>> non
>>     
>
> Fagamos campaña a prol de voltar!
>
>   
>>>>>> *filtraxe > filtrado
>>>>>>             
>>>>> ou filtración?
>>>>>           
>>> Eu penso que mellor usar sempre filtración.
>>>       
>> home aquí igual Méixome nos pode ilustrar cos substantivos rematados en -axe,
>> pero penso que é un sufixo de uso --limitado-- no galego, a casos como
>> homenaxe, liñaxe, viaxe...
>>     
>
> @MEIXOME: que dis?
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   

A ver, a miña opinión

cache ? >
    en inglés non leva acento, obviamente. Nese sentido é parecido ao 
galicismo "elite", que é agudo orixinalmente. Os angliscismos adoitan 
incorporarse como palabras graves, non sempre. É certo que en galego se 
pronuncia <<caché>>. Non hai decisión normativa. Creo que debera acentuarse.

*axir >
    é un lusismo. De agir "reaccionar, contestar"

inicialización >
    é mellor que signifique "configurar/volver á posición inicial" e non 
arrancar/arrincar/lanzar/executar...

inverter/investir >
    creo que me perdín... pero está claro que o inglés invest = 
investir; e invert = inverter, reverter

volver/voltar >
    ir e logo volver... non voltar (que significa "dar a volta" coma ás 
tortillas... hum!! son horas de xantar...)

*filtraxe> 
    a derivación natural como substantivo de filtrar é "filtración". 
Secundariamente o adxectivo "filtrado" tamén pode ser usado como 
substantivo. O de filtraxe, véxoo innecesario e incorrecto. Os 
substantivo en -axe adoitan ser palabras  antigas de orixe provenzal, 
limitado a un certo número de palabras, si, pero hai gustos para todo 
como a diferenciación que algúns fan entre "listado(acción ou efecto de 
listas)/listaxe(lista)" mais só é castelanismo utilizar "listado" no 
sentido de "relación" *o listado de asistentes/a lista de asistentes. Eu 
non vexo diferenza entre lista e listaxe. Sabedes por certo que ademais 
de traxe, paxe e garaxe ... tamén balaxe é masculino.

resumindo= filtración
:-)


Antón




-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090109/f41fdf27/attachment.vcf
 

Responderlle a