A idea de conseguir as traducións feitas nun formato aproveitable
estaría ben. Alguén pode ir falar con Sergei e Larry??

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

2008/6/9 Miguel Solla <bradomin en gmail.com>:
> A tradución do Google ao galego, ata onde eu sei, faise en liña (chega con
> ter conta en gmail e rexistrarse como tradutor de galego). Eu andei hai un
> par de semanas traducindo cadeas novas que aínda non estaban en galego e
> editando (corrección ortográfica e estitilística) algunha das cadeas xa
> traducidas e avanzando un pouquiño na tradución de google groups. Pero un
> pouco rollo: non hai xeito de ver como queda a interface ata que, días máis
> tarde, Google as actualiza (por certo, seguro que na revisión metín serios
> gazapos, pero nin está finalizada nin Google permite todo o que poida
> parecer, co cal o choio tamén se complica). Ademais, hai cadeas nas que non
> acepta cambios, pese a que o intentes reiteradas veces. Así, aínda que
> trates de darlle coherencia a certas solucións (como por exemplo o verbo
> volver substituíndo a voltar), en determinadas cadeas, Google non acepta
> estas mudanzas.
> Se queredes pódense copiar estas cadeas da interface e envialas nun correo a
> esta lista...
> A verdade é que, pese a que Google non é software libre, é un referente para
> calquera usuario e "molaba" ter unha tradución galega da interface que
> superase mesmo a doutras linguas (por certo, a tradución ao castelán non é
> un proxecto aberto a voluntarios). Problemas: técnicos (a propia interface
> de tradución, non saber se os cambios se van aplicar ou non...), a extensión
> (a interface de Google medra continuamente con novos produtos [probade a
> navegar coa interface en inglés e xa veredes]). Ofrecen a tradución de
> produtos directamente comerciais (Adwords...) e ten pinta de que non lles
> agrada aumentar os servizos en determinadas linguas mentres non se lle
> ofreza a Google un aumento na tradución destes servizos (non o sei, pero dá
> a sensación de "castiga" porque a tradución de Adwords cara ao galego está
> ao 0%, GoogleGroups ao corenta e tantos...).
> Non sei se mancomún pode ofrecer máis información sobre a xestión da
> tradución de gmail ou se pode haber medidas de presión para que "solten" as
> cadeas en .po.
> Se cadra tamén algunha empresa lle podía facer unha proposta a Google de
> traducirlle a interface ao galego. Estará Google en disposición de soltar un
> can para contribuír coa normalización lingüística do país? Pódeselle ofrecer
> datos sobre o uso do galego na publicidade e no comercio... Igual se pode
> facer unha proposta máis institucional... ou meterlles as cadeas ao/ás
> bolseir en s do Termigal...
>
> 2008/6/9 Xosé <xosecalvo en gmail.com>:
>>
>> Alguén sabe quen leva a tradución da interface de google?
>>
>> Xosé
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>

Responderlle a