Minhoca escrebeu:
> Permitome utilizar como titulo do correo, parte dunha mensaxe enviada
> por Leandro: "pero non sen guerra pola nosa parte".
> 
> Tomo ese titulo para comezar mostrando o meu asombro porque a estas
> alturas se fale de algo que xa pasou, que xa foi antes do verán, non agora.
> 
> Ao longo do mes de xullo houbo unha serie de mensaxes nesta mesma rolda
> por parte de medulio e mais eu chamando á mobilización, e dende a
> ciberirmandade tomamos a iniciativa de dar batalla. Consecuencia dese
> movemento houbo reaccións en chuza, meneame, A Nosa Terra, Codigo Cero,
> CIG, Galicia Confidencial, Xornal.com, BNG, .. So me consta que Melisa e
> Agnix reaccionaron publicando unha nova no seu web a este respecto, ao
> tempo que na rolda dos Guls houbo debate sobre o envio dun correo
> certificado á Xunta.
> 

A min pásame o mesmo, realmente estou bastante desconcertado con ese
comportamento. O malo de entrar a analizalo é que sería inevitable analizar a
actitude ética de moitas personas, e córrese o risco de personalizar, crear
conflictos e iso pode enquistar a comunidade. Se cadra máis adiante, coas
cousas en frío, igual podemos revisar o sucedido e intentar aprender dos
erros do pasado para evitalos no futuro.

> A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á
> volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. A proposta aceptada
> foi a de ofrecer recursos á comunidade para que o traballo que se viña
> facendo no paraugas de mancomún, puidese seguir dende fora dos pezuños
> da administración.
> 
> Quero deixar aquí, xa que logo, constancia da continuidade da
> CiberIrmandade no traballo con vistas a un proxecto de futuro serio e
> independente que manteña o concepto de Mancomún.
> 

Está claro que a dependencia excesiva de institucións, tanto ten si son
gobernos, universidades ou calquera outra, é contraproducente. Foi algo ao
que chegamos nos consensos do g11n e eu esforceime por tratar de evitala,
aínda que se cadra ao final haxa que concluír que toda dependencia é 
excesiva. Será algo que poderemos ver máis claro con algo de distancia; mais
por ir ás cousas prácticas: eu estou tratando de resolver agora mesmo os 
problemas loxísticos dos tres proxectos que coordeno (GNOME, OpenOffice e
Mozilla). Gustaríame saber se podería contar coas vosas máquinas para albergar
nelas servizos aínda que sexa de forma temporal. Tamén me gustaría saber se
habería xente disposta para asumir tarefas concretas do traballo de
localización. E sobre todo gustaríame saber se estaríades en disposición de
traballar conxuntamente tanto con Trasno como con Ubuntu ou se hai algún
"pique" ou incompatibilidade que impida ese traballo conxunto. Espero que
poidades desculpar a franqueza, pero é que non hai demasiado tempo para
sutilezas, me temo. 

> Independentemente de como vaian as cousas, quede claro que pola miña
> parte non vai haber problemas, e por parte da ciberirmandade penso que
> tampouco (manteremos o ofrecemento do uso das nosas ferramentas a quen
> as queira utilizar).
> 
> Como remate, indicar que os debates na ciberirmandade, do mesmo xeito
> que vimos facendo nos nosos 13 anos de presenza na Rede (o que nos fai a
> organización vencellada á lingua máis antiga na mesma), seguen sendo
> públicos; achego ligazóns a algúns debates sobre isto nos nosos foros:
> http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11&t=3505
> http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3451
> http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3450
> http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=18&t=3449
> http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_obxetivos&task=acadados&Itemid=15
>  
> 

Bueno, eu a verdade é que nunca participei directamente na Ciberirmandade, e
iso que vos levo observando dende que nacistes, igual que a Trasno. Este
aspecto do proceso deliberativo e participativo que tedes é un dos aspectos
máis fortes da vosa organización; outros gústanme menos como o tema de que
usedes os foros, pero supoño que eso son manías de ser da vella garda.

En todo caso grazas por terdes estado ahí todos estes anos e sobre todo pola
campaña que lanzastes para defender a Mancomún. Dende logo saber que podemos
contar convosco para min é claramente unha garantía de continuidade.

Unha aperta, e agardo pola vosa resposta.


> 
> -- 
> ---
>       Saúde.
> ......................................................................
> Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> 
> CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> http://www.ciberirmandade.org
> 
> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> ......................................................................
> 
> 
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a