> "CIF podían considerarse políticos": e con todo orguio defendemos a nosa
> lingua e a nosa nación. CON TODO ORGUIO.

Non digo que non, nin que facelo sexa mau, só que:
a) nun momento dado varias persoas preferiron cinxir o alcance do PT
ao  que se indica no artigo quinto dos estatutos:
-Promoción e difusión do software libre, blabla
-L10n de software libre, blabla
-Blablabla
-Blablabla
-Desenvolver software libre especialmente relacionado cos procesos de
internacionalización mais tamén específico doutros ámbitos. Isto
inclúe deseñar, desenvolver, probar, dar asistencia, promocionar e
difundir o seu uso.
-blablabla
b)nalgún momento hai que deixar as discusións e tomar decisións. O
resultado é o esquematizado en riba.

>
> "CIF couve o SP": a CIF demanda a galeguización de toda a informática,
> dende webs até software. Non temos ningún problema en demandar que o
> Banco Etcheverría (ente privado) teña o seu web e o seu trato cos
> clientes en galego. E tamén non temos problema en demandar que o windows
> estea en galego.
>
> Pero unha cousa é demandar e outra cousa pornos a traducir o windows.
>
> Coñeces algún software traducido pola CIF, dentro da nosa humilde
> aportación, que sexa privativo?

Pois non, pero xa che digo, o proposito do PT non muda co troco de
cuadrilla a asociación: é un lugar onde varios grupos de tradución de
software libre nos xuntamos para emprestarnos axuda mútua. Unha parte
da xente quería e quer manter unha pequena distancia co software
privativo.

Responderlle a