Creo que coincido prácticamente en todo co que expós, Leandro, aínda que
algunhas cousas só as intúo. Unha matización importante: cando se fala de
proceso aberto, fálase de rolda aberta, con arquivo públicamente accesibel,
de xeito que calquera persona, membro ou non de trasno poida participar no
proceso e opinar sobre o estatuto, e modificar o texto como se decida.

Corríxeme se me equivoco (e pido desculpas por anticipado en tal caso) pero
aínda non alargastes os estatutos a traverso desta rolda, que é onde estamos
todos e todas, e que eu saiba (como me fulminaron a conta da Xunta e tal
igual perdín correos) tampouco se discutiu eiquí nada sobre nome, cargos,
subvencións e demais; o único que sabemos é o que nos acaba de contar Marce.

Vaia por diante que non é un reproche: por suposto se preferides seguir
mantendo o tema dos estatutos dentro do círculo de Trasno tedes todo o dereito
do mundo: maís que ninguén vaia confundir as cousas, por que entón estaredes
montando a asociación de trasno, non a asociación global da localización en
galego da que falaba Miguel, son cousas moi distintas.

En todo caso, lóxicamente é unha decisión que tendes que tomar vós, e non vou
ser eu quen vos insista nin nun sentido nin noutro. Ademais, como xa dixemos,
non hai presa.

Vou pra xuntanza; e a respeito disto unhas notas que acaba de enviar Susana:

>   * A porta dianteira da facultade está en obras, así que hai que entrar
>   pola de
>   atrás. A sala de videoconferencias está no primeiro andar, subindo polas
>   escaleiras á dereita até o final do corredor e despois á esquerda. Vou
>   poñer
>   algún folio impreso indicando o camiño. De subirdes no ascensor tedes que
>   seguir o corredor en dirección oposta aos ascensores e no final virar á
>   esquerda.
>
>   * Os coches: dende San Caetano (tomo isto como referencia por ser ben
>   coñecido) hai que baixar pola Avenida de Castelao (a que segue xusto en
>   dirección oposta aos edificios da Xunta) até o final case. A facultade de
>   Filoloxía é un edificio gris alongado de hormigón con pequenas fiestras
>   que
>   lle dan un certo aspecto de colmea. Está ao lado de Xornalismo, frente ao
>   barrio de Vite.

http://maps.google.com/maps/ms?msa=0&msid=116057552379209965638.00046e56c238581c7a5c6



Leandro Regueiro escrebeu:
> > 1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
> > software + contidos libre ao galego?
> 
> Ninguén falou de centralizar ningún proceso senón de crear algo que
> poña en comunicación aos voluntarios, que lles dea apoia, axuda,
> indicacións, todo o que lles faga falta para que traduzan tal como se
> fixo ata agora (mellorando o mellorable, claro).
> 
> 
> > 2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas 
> > súas roldas.
> 
> E seguiremos a traballar cos respositorios e lendo participando nas
> roldas de tradución cando sexa necesario.
> 
> O de ter roldas por idioma dentro dun proxecto pois non o vexo
> necesario en moitos casos, a cousa ten que implicar realmente a moita
> xente para ter que chegar a ese extremo. Penso que mentres o mellor é
> ter unha rolda para pór en contacto a todos os tradutores de todos os
> proxectos (ao estilo Trasno).
> 
> E sen centralizar algo a cousa é para que a xente non se esparexa, que
> se coordine, que se comunique, e para que todos fagamos avanzar todo
> isto.
> 
> > 3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
> > apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é 
> > o software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do 
> > software libre + os contidos.
> 
> Concordo. Os estatutos da asociación de Trasno deseñáronse ca idea de
> que a asociación faría todo o posible por axudar aos tradutores, sexan
> quen sexan. Tal como se redactou o funcionamento real dos proxectos
> será como ata agora (leiras) só que a asociación poderá algúns
> recursos e beneficios adicionais aos tradutores.
> 
> 
> > 4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...
> 
> Porque senón terminaremos descoñecendo aos outros, e deste xeito
> facilítase a colaboración, a non duplicación de esforzos, o
> intercambio de voluntarios, facilítase o atopar a túa propia leira,...
> 
> Como falamos esta semana de consenso, cando levamos discutindo o da
> asociación de Trasno dende hai case 10 ou 11 meses de xeito aberto.
> 
> Ata logo,
>                           Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a