>> O problema está en que, realmente non é depósito de lixo, un lugar onde 
>> deixalo, se non que é unha parte do programa que se encarga de buscar o 
>> "lixo" e xestionalo.
>
> Pois para min está claro... "o que recolle" o lixo é o barrendeiro do
> lixo ou, máis abstractamente o recolector do lixo.

Non, o que fai é ir mirando a memoria da máquina virtual, e vendo que
cousas fai falta manter nela porque se están usando ou se poden usar,
e que cousas sobran (lixo) e libera a memoria que ocupaban esas
cousas. Insisto no de "liberador de memoria" ou traducións polo
estilo.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a