Grazas polo aviso, eu xa recibín o convite para cambiar a lista de 
seguimento que escolliches, xa me subscribín.

Do meu punto de vista, sería máis lóxico solicitar dunha vez unha lista 
oficial no proxecto Gnome para o equipo galego; alí é onde calquera 
futuro interesado vai ir buscar, a Gnome, e ao someterse ás regras de 
Gnome estaría a salvo de interpretacións, nun sitio absolutamente 
neutral. Ao ser o coordinador creo que depende de ti e creo que o resto 
de colaboradores apoiarían esta opción e agora é o momento óptimo para 
facelo.

Tamen' che pediría que mandases un correo tanto á lista de 
mozilla en mancomun como á de openoffice en mancomun.org para que quede o 
aviso nesas listas de onde se leva a coordinación. Se se fai unha copia 
desas listas e se aloxa noutro sitio sempre quedará constancia e poderá 
seguirse o fío da galeguización dos proxectos.

Por todo isto paréceme positivo que se usen as listas oficiais en 
mozilla e openoffice e polo que deberías solicitar esa lista en Gnome.




Suso Baleato escribiu:
> Boas,
>
> Escrebo para avisarvos que acabo de actualizar os datos de GNOME e que a
> xente que tendes conta no DL recibiredes convite agora para a rolda á que
> irán chegando as notificacións de gnome-web e demais. Por suposto, se hai
> alguén nesta rolda que sin estar no DL vaia querer traballar en GNOME que
> me avise no correo e xa o dou de alta directamente.
>
> Aos que quededes no CESGA, se ao final sae o de política lingüística pola
> miña parte non porei obxecións; únicamente esixirei iso sí que 
> liberedes os
> TMX a igual que o resto das empresas (nada novo por outra parte).
>   
Se tes información segura para comunicalo publicamente do que vai pasar 
asegúroche que eu estaría encantado de sabelo.
> Saúdos, e lamento as malas novas de hoxe.
>   
? por que as de onte son especialmente peores que as dos últimos meses ?
> PS: javi voume desuscreber desta xa, que hai bastante confusión e non 
> quero
> que a xente se líe máis.   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe inmersa...
De    : =?ISO-8859-1?Q?Ant=F3n_M=E9ixome?= <meixome en mancomun.org>
Asunto: Re: [Gnome] =?ISO-8859-1?Q?Actualizaci=F3n_de_enderezos?=
Data : Thu, 22 Oct 2009 13:38:14 +0200
Tamaño: 3050
Url   : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091022/e1dde779/attachment.eml
 

Responderlle a