Antes de nada, onde vai o [terminoloxía]?

>> Nunha corrección sobre update-manager estou aplicando o seguinte
>> criterio que xa se discutiu  en comunidade
>>
>> Update > actualizar/ción
>> Upgrade > anovar/ción

Eu teño a impresión de que isto non se fixara de todo, pero "anovar"
axéitase moi ben.

>> Restore > restaurar/ción
>> Downgrade > *regresar/ción
>>
>> Son consciente de que esta última non é aínda estábel pero como non foi
>> o caso de aplicala se cadra é o momento de resolvela xa.
>
> Que tal Voltar á versión anterior.... e degradar?
> Non me convencen moito pero...

A min sáeme "desactualizar" que é o que segundo openTran se usou en
tódalas traducións. Tamén "volver a unha versión anterior", "baixar de
nivel", quizais "recuar", "retrogradar". Pero a verdade é que
"desactualizar" ben vale, non?

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a