O pasado día 7 de novembro no blog do portal lingüístico de Microsoft 
publicouse a nova de que, PARA AQUELES QUE TEÑAN UNHA CONTA DE PAGO (350 
$),  de MSDN ou TechNet poden descargar os ficheiros csv da localización 
(UI strings)

http://blogs.technet.com/terminology/archive/2009/11/07/windows-7-terminology-published-on-microsoft-language-portal.aspx

Desde logo é unha nova que concorda daquela maneira co premio recibido á 
realidade plurilingüe. Ao mellor hai algún afortunado que ten acceso e 
nos pode comentar se paga a pena ter en conta a terminoloxía, o estilo 
de Windows 7 d Microsoft.

O que si se pode descargar libremente é o Style Guide Conventions  que 
se aplicou. Non é nada novo pero pode ter o seu interese comparar as 
guías dalgúns idiomas romances próximos.

-- 

Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Logo Xacobeo 2010

Responderlle a