Boas.

Non sei se é o lugar idóneo para comentar isto, pero como hai xente na lista 
que empregua o programa, pode parecerlle interesante a ata comunicarllo ao 
desenvolvedor do mesmo, se fora necesario.

Como sabedes, na Oficina estamos coa tradución do VirtualBox, que no seu 
momento xa tiñamos moi avanzada pero saíu a nova versión a 3.0, e quedamos 
algo desfasados. Pois xa se pode dicir que está rematada, polo menos a 
versión 3.0.2, xa que a nova a 3.0.4 engade unhas 400 cadeas máis, co que a 
ver se para a semana que estou de vacacións lle pode adicar tempo a ela e 
rematala. Consta dicir, que xa solo me quedan 197 cadeas, co traballo realizado 
hoxe pola tarde, pero as máis fáciles.

Pois como o virtualbox traballa con ficheiros .ts e os conversores do translate 
toolkit pois non funcionan ben para eles, tiven que facerme eu un apaño que 
está en probas. Pois hai algunas cadeas que non me recoñece o OmegaT e 
probando a mirar se as pillaba o Poedit ou o Lokalize, que tampouco, co 
Lokalize topeime cun erro ao abrir o .po.

Polas miñas indagacións, non recoñece a palabra reservada msgctxt, na que eu 
lle indico o contexto, cando fago a conversión de .ts a .po. Polo que vin nas 
especificacións de .po si que se emprega e xa me teño topado con ficheiros 
que .po que si que aparece e ata o translate toolkit o conversor ts2po a 
emprega, co que me parece raro. Supoño que é problema do Lokalize, xa que si 
ao ficheiro .po lle quito esas liñas, si que mos carga, co que podería ser un 
erro. Xa me contaredes os que empregades o Lokalize.

O problema que teño coa tradución é que non me pilla as cadeas deste tipo:

msgid "Could not read directory
%1"
msgstr ""

Non mas recoñece nin o OmegaT nin o Poedit. No primeiro non as colle para 
traducilas e no segundo pois colle así:
Could not read director
Perdese o último caracter e non aparece o da liña de abaixo. Vou a facer 
probaturas e a ver se metendo todo na mesma liña e indicando salto de liña 
con /n me funciona e mirar na interface do programa se todo vai ben.

Pois facendo probas con eso de arriba, creo que pondoo da seguinte maneira:
msgid "Could not read directory"
"%1"
msgstr ""
Pois o Poedit, xa pillaba todo, pero metíao todo na mesma liña, cousa que non 
creo que valga, pois no Lokalize petou o programa. Adxunto a captura do erro e 
o informe que xerou o programa, por se pode ser de utilidade para enviarlle ao 
desenvolvedor.

Perdoade por un correo tan longo e por se non era o lugar apropiado para 
comentar estes detalles.

Saúdos.
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : lokalize.kcrash
Tipo       : application/octet-stream
Tamaño     : 1183 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090807/522c8261/attachment-0001.obj
 
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : Lokalize - The KDE Crash Handler.png
Tipo       : image/png
Tamaño     : 132935 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090807/522c8261/attachment-0001.png
 

Responderlle a