...si, do comando "ls" que aparece no paquete coreutils de gnu.

Estaba eu a xogar con "scripts/update_xml" [1] (seguro que quen teña
soltura cos procedimentos de traballo coa documentación de kde sabe do
que estou a falar), cando atopei un comportamento anómalo do comando
"ls" de gnu.
Este non ordena correctamente os ficheiros segundo as táboas ascii, e
considera o trazo baixo (_) e o ponto (.) co mesmo nível de
precedencia, dando como resultado un orden incorrecto da saída:

kivio_getting stated.po
kivio.po
kivio_using.po

no canto de  (bsd fáino correctamente, segundo comprobei sobre darwin,
e si, xa sei que a versión que teño eu é "algo atrasada"):
kivio_getting_started.po
kivio_using.po
kivio.po

Logo: cal é a orden empregando o comando ls de gnu, a utilizar na liña
de comandos para obter o resultado na segunda listaxe ?

Grazas por antecipado.

[1] o motivo é simples: mellorar o script para uso do equipo. No
estado no que está agora (l10n-support/gl/coord...../tranny_beach) [2]
é capaz de xerar a documentación apartir de ficheiros incompletos,
pero o da orden é realmente molesto, e obriga a que haxa que aplicar
dúas veces (ou +) o update_xml (ou o tranny_beach) para xerar os
documentos.

[2] o nome hei mudarllo no seu momento por trasno_builddocs. Si, á
parte de borde son orixinal cos nomes.

Responderlle a